Sabean quantos esta carta viren que eu Fernan Martines morador en Ourense yrmao de Johan Pallaverde que foy, de meu prazer e de miña propia voontade dou e outorgo para senpre a vos Maria Eanes filla de Johan de Lousada que foy e a toda vossa voz para senpre todos quantos herdamentos e foros e dereitos e dereituras e outras cousas que eu aio e a min perteeçen enna fiigresia de Sam Martiño de Villarrovin hu chaman o Outeiro e todas las viñas e herdamentos que eu aio alende o Rio de Fosado hu chaman a Coyña. Douvos e outorgo as ditas viñas e herdamentos e outras cousas que vos e toda vossa voz os aiades e pessuiades des aqui endeante livres e quites de todo enbargo. Et estes herdamentos e viñas e outras cousas vos dou en satisfazemento e emenda por que vos eu soon obrigado min e meus beens por que eu foy vosso tutor por çerto tenpo e ouve e despendy os ditos beens que vos ficaron de parte de vosso padre e nunca vollos entreguey nen vos dey delles conta nen recado, os quaes beens que eu de vos avya (e despen)di eran moyto mays e valian mays ca estes herdamentos e viñas e outras cousas que vos (...) e en satisfasemento. Et renunçio que daqui endeante eu nen miña voz nen outre ninhuun que vos non possa demandar os ditos herdamentos e viñas e outras cousas. Et quero e mando e outorgo que os aiades vos a dita Maria Eanes e toda vossa vos daqui endeante en iur de herdade para senpre e façades delles livremente vossa voontade. Et obligo a vos todos meus beens para vos anparar e deffender con elles senpre a dereito. Et quen quer que vos contra esto que sobre dito ei veer que vos peite por nomme de pena cem mor. da boa moeda e aa vos del rey outros tantos e a carta fique firme e valla para senpre. Feyta a carta en Ourense, tres dias de fevereyro, era de milll e tresentos e seteenta e oyto annos. Tests. que foron presentes Johan Sobriño, Gomes Peres, Pero Lourenço, Pero Mato çapateiros moradores en Ourense.
Et eu Johan Yanes notario publico da çidade d’Ourense polla igleia desse lugar a esto presente foy e esta carta fige escrivir en myña presença et puge y meu signal en testemunyo de verdade.
(sinal)