GMH/ÍNDICE A-Z

15
1433, abril, 24

Juan de Deus, barbeiro, fai seu procurador a Juan Lopes, morador na cidade do Porto, para dar a Gomes Yanes Freire 40 mrs. e unha pipa para viño de Portugal.

(f. 7 v)

Este dis Juan de Deus, barveiro, fezo seu procurador Juan Lopes, morador ẽna cidade de Porto para dar a Gomes Yanes Freire CL mrs. vellos en tres coroas et mas hũa dobla valida et mas hũa pipa que o dito Juan de Deus lle dou para hũa pipa de viño de Portugal et dar carta de pago et entrar en juiso etc. Ts. Pero Cruu o bello et Pero Pedreiro et outros.