Rui Gonçalves de Covas, mariñeiro, mestre do navío trincado de nome «San Marcos», que esta no porto de Pontevedra, vende a Fernan Afonso e a Afonso Domingues, mercaderes da cidade de Lisboa, o seu trincado con tódolos aparellos, por precio de 75 coroas de ouro, do cuño do reino de Francia.
(f. 16 v)
Oyto dias do dito mes de juyo. Sabean todos que eu, Rui Gonçalves de Covas, mariñeiro, mestre et señor que soo do navio trincado, que Deus salve, que disen por nome «San Marquo», que agora esta ẽno porto da villa de Pontevedra, que soo presente, non costrengudo por força nen por engano resçibido, mas de mĩa livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo, por senpre, a vos Fernan Afonso et Afonso Domingues, mercadores, bisiños et moradores da çidade de Lisboa do regno de Portugal, que sodes presentes, o dito meu trincado suso escripto, con estes aparellos seguintes, conven a saber: tres ancoras et hũu arpeo de ferro con seus eixos et hũa gindaresa de fio de canavo et hũu estrenque d´esparto novo et hũu estrenque vello d´esparto, et con seu treu que son tres monetas et hũu papafigo et con todos los outros seus aparellos que agora en el estan. Et vendo, como dito he, o dito trincado con todo o sobredito por contia de setenta et çinquo coroas de ouro boas et leas et de justo peso da moeda et cuño do regno de França, as quaes ditas setenta et çinco coroas eu de vos resçebi en presença deste notario et ts. de ajuso scriptos, et de que me eu outorgo por entrego et pago, et renunçio etc. et se o diser etc. Et se mas val o dito trincado que vos asi vendo con os sobreditos seus aparellos, douvoslo et outorgo en pura et justa et sãa doaçon para todo senpre, et por ende quero et outorgo que desde oje este dia endeante façades del et en el toda vosa livre voontade como de vosa cousa propia, et que se o eu marear et en el andar, que he por vos et de vosa mãao et jur et posison, et prometo et outorgo de vos lo faser sãao et de pas de todo enbargo por min et por todos meus bẽes que vos a elo obligo, et so pena do doblo da dita contia que vos peite etc. Et a pena etc. todavia etc. Et nos, os ditos Fernando Afonso et Afonso Domingues, mercadores, que presentes somos, asi o resçebemos. Feita a carta na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobreditos. Ts. Pero Gonçalves, prateiro, Fernan Cerviño, mariñeiro, vesiños da dita villa de Pontevedra, et Andre Nunes, mariñeiro, et outros.