GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

37
1433, xuño, 9

Juan Fernandes Agulla, veciño de Pontevedra, dá por libre e quito a Fernan Cerviño dos 800 maravedís que lle debía, e que entregou, no seu nome, a Gomes Suares, recaudador dos pedidos do rei.

(f. 17)

Este dia. Sabean todos que eu Juan Fernandes Agulla, vesiño da villa de Pontevedra, que soo presente, outorgo et conosco que resçebi de vos Fernan Cerviño, vesiño da dita villa, que sodes presente, oytoçentos et triinta maravedis de moeda vella, contando a branqua a tres dineiros, os quaes ditos oytoçentos et trinta maravedis da dita moeda en meu nome et por meu mandado destes et pagastes a Gomes Suares, recadador dos pedidos del rey, a quen os eu devia, et de que me destes sua carta de pago, ao qual dito Gomes Suares, eu o dito Juan Fernandes entregey hũa obligaçon que me vos o dito Fernan Cerviño tinades feita por los ditos maravedis por ante este notario ajuso escripto, a qual o dito Gomes Suares dis que perdeo, et dos quaes ditos oytoçentos et trinta maravedis da dita moeda me asi outorgo por entrego at pago a toda mĩa voontade, por quanto os asi destes por meu mandado ao dito Gomes Suares et me asi entregastes sua carta de pago deles, et douvos deles por libre et quito a bos et a vosos bẽes para todo senpre. Et se a dita obligaçon original paresçe desde oje, que non balla et eu a renunçio et dou por ninhũa para senpre, et porque he verdade outorgey esta carta de pago ante o notario et ts. de juso scriptos, que foi outorgada na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobreditos, et eu, o dito Fernando Cerviño, que soo presente, asi o resçebo. Ts: Ares Garçia de Rajoo et Juan Rodrigues de Cangas, mercadores, et outros.