(ff. 26 v-27)
Tres dias do dito mes de setembro. Sabean todos que eu, Ares Garçia de Rajoo, mercador, vesiño da villa de Pontevedra que soo presente et que faço por mĩ et en nome de mĩa moller Ynes Fernandes, por la qual dita mĩa moller me obligo conprir et satisfaser, et por mĩas voses et suas, quero et outorgo que por quanto eu et a dita mĩa moller, por nos et en nome de nosas bozes, tiinamos aforado por tenpo de todo senpre do moesteiro de San Salvador de Leres et convento del a viña do dito moesteiro que disen de Çima de Veiga, que he ẽna figresia de San Juan de Dorron, et da qual dita viña eu et a dita mĩa moller por tenpo de nosa vida de anbos aviamos de dar ao dito moesteiro et convento del o quarto do biño que Deus dese ẽna dita biña, mosto aa dorna, et a noso seymento de anbos que nosas bozes que desen ao dito moesteiro et convento del o terço do biño que Deus dese ẽna dita viña, en salvo mosto aa dorna, o desimo pago a Deus de consũu; et nos ao presente, eu nen a dita mĩa moller, non podemos labrar nen procurar a da viña segundo que somos obligados, et vos, Gonçalvo Nunes, lavrador, morador ẽna dita fiigresia de San Juan de Dorron, que sodes presente, sodes tal persona que lavraredes et procuraredes a dita viña segundo que a ela perteesçe, et pagaredes ao dito moesteiro et convento del seu foro segundo que eu et a dita mĩa moller eramos et somos obligados, en maneira que a nos et a nosos bẽes quitaredes delo a pas et a salvo por senpre. Por ende, eu o dito Ares Garçia, que asi faço por min et por la dita mĩa moller et por mĩas boses et suas, et de mĩa libre et propia voontade, põno et // traspaso en vos o dito Gonçalvo Nunes et en vosa moller (ilexible) et en todas bosas boses et suas, para todo senpre, a dita viña et foro dela, para que vos et a dita vosa moller el vosas vozes lavredes a dita viña de poda, cava, rodriga et a esterquedes et valedes et requirades de todos los outros lavores que ouver mester en maneira que se non perga por mingoa de lavor et chousura, et que do viño que Deus en ela der, que dedes et pagedes vos et a dita vosa moller et vosas bozes ao dito moesteiro et convento del, por tenpo da vida de min et da dita mĩa moller o quarto mosto aa dorna, pago o disimo de consũu, et ao seymento de min et da dita mĩa moller, que dedes ao dito moesteiro et convento del o terço do viño que Deus der ẽna dita viña, eso mesmo mosto aa dorna, pago a Deus o seu disimo, et devedes de bendimar et partir o dito viño por mandado do dito moesteiro et convento, et faserlle todo o outro foro que eu e a dita mĩa moller et nosas vozes lle eramos obligados de faser en maneira que a nos et a nosos bẽes quitedes delo a pas et a salvo por senpre, et con esto seerdes anparados de todo enbargo por los bẽes do dito moesteiro et convento del. Et eu o dito Gonçalvo Nunes, que asi soo presente et que faço por min et por la dita mĩa moller et nosas vozes, asi o outorgo et resçebo todo, como dito he, et prometo et outorgo que eu et a dita mĩa moller et nosas vozes lavremos et procuremos a dita viña, como suso he escripto et demos et pagemos ao dito moesteiro et convento del o foro et penson dela que vos o dito Ares Garçia et a a dita vosa moller et vosas vozes lles sodes et erades obligados de pagar, en maneira que vos quitemos a vos et a vosos bẽes delo a pas et a salvo por senpre, para o qual asi agardar et conprir, obligo a elo a min et a todos meus bẽes et da dita mĩa moller, et qualquer de nos parte que contra esto vier et o asi non tover et conprir outorgamos que peite et page por pena aa parte de nos que o asi conprir et agardar mill maravedis da boa moeda, et a pena pagada ou non, esto como dito he este senpre firme, que foi outorgado na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobreditos. Ts. que foron presentes: Juan Neto, o bello, Juan Forneiro, mareantes, et Afonso Rodrigues, alfayate, moradores ẽna dita villa de Pontevedra et outros.
Este Gonçalvo Nunes, conosceo que devia ao dito Ares Garçia seisçentos maravedis, blanca en tres dineiros, pagar CC maravedis por San Martino primeiro et outros CC maravedis por San Martino que verra de CCCCXXXIIII, et outros CC maravedis por San Martino de mill CCCCXXXV anos, so pena o doblo. Ts. ut supra.