GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

82
1433, novembro, 19

García Rodrigues da Correaria, veciño de Pontevedra, declara que debe dar a Juan Rodrigues de Almonte 12 milleiros de sardiña arencada polos que xa recibiu o prezo acordado. Promete entregalos antes do dia de Nadal.

(f. 38 v)

Predito. Sabean todos que eu, Garçia Rodrigues da Correaria, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente, outorgo et conosco que devo et ey de dar et pagar a vos, Juan Rodrigues de Almonte, que sodes presente, dose millares de sardiña arenquada boa et merchante et tal que seja de dar et de tomar de mercador a mercador, os quaes vos devo de dar entonelados et abetocados (?), et por los quaes de vos resçebi toda a contia de mrs. por que vos los ouve et ey de dar, et de que me outorgo etc. et renunçio etc. et seo diser, etc., et os quaes ditos dose millares da dita sardiña vos prometo et outorgo de dar et pagar doje este dia ata dia de Natal da naçença de Deus primeiro que ven, por mĩ et por todos meus bẽes mobles et rayses, et so pena de vos pagar aa mayor balia que valuer ẽna çidade de Sevilla a esta sazon etc.

Testemoyas ut supra.