GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

312
1334, abril, 6. Lugo
Afonso Fernández, clérigo, e os seus irmáns véndenlle ao racioneiro Xácome Eanes o que lles corresponde na igrexa de San Vicente de Pedreda mais cinco leiras de herdade no mesmo lugar por 15 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 D/20, perg. orix., galego, gótica cursiva, 149x163 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Affonso Ferrnandes de Muia, clerigo da iglesia de Santiago de Ruviaes, por min et en nome de minna yrmaa, Tareyia Ferrnandes, et Moor Ferrnandes et Maria Fernandes, fillos que fomos de Fernan Eanes de Sande et de Tereyia Eanes, et eu Affonso Eanes de Pedreda, fillo de Iohan Eanes por min, de bon curaçon et de boa voontade vendemos a vos Iacome Eanes, raçoeyro de Lugo, et a vosa vos, dous soldos cada anno que nos avemos pe-llo pe do altar da iglesia de Sant Viçenço de Pedreda con aquela renda et serviço et iantar que nos avemos cada anno enna dita iglesia et con todo o iur do padroadigo que nos perteeçe de presentar a ella. Outrosy vos vendemos çinco leyros d’erdade que son en Pedreda enna agra de sub iglesia os dous, o hu en Lega, et outro en Estiudas, et o outro leyro ias enna cortina de Poeio cabo da cortina de Fernan Affonso, et os outros dous leyros son enna agra de Caschamaria, o hun d’elles fere enna leyra de Pedro Escudeiro et na do Freyre que van contra Sabugueyro, et o outro leyro ias enno Valle do Sabugueyro; os quaes leyros nos perteeçen por prestamo que tragian os ditos nosos padres da dita iglesia. Et reçebemos de vos en preço por esta vençon quinçe moravedis, d’oyto soldos cada moravedi, desta moeda del rey don Affonso de que nos outorgamos por entregos et ben pagados. Et renunçiamos a exçepçon do aver non contado, et obligamos nos et todos nossos bees de vos faser senpre esta vençon de pas, et espeçialmente eu o dito Affonso Ferrnandes obligo de vos faser esta vençon de pas por min et po-llas ditas minnas yrmaas, et des oie mays este dia todo noso poderio et senorio ende seia casado (sic) et removudo de nos et posto en vos.

Feyta a carta da vençon en Lugo VI dias d’abril, era de mill et CCC LXXet dous annos.

Testemoyas: Duran Moniis, mercador; Gonçalvo Peres d’Avoyn; Affonso Savasches, clerigo da dita iglesia; Roy Martines Tarego; Affonso Martines et Fernan Affonso de Muia, ts.

Et eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, a esto commo dito he presente foy et esta carta fis escrivir et puge en ella meu signal. (+).