GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

296
1349, xaneiro, 9
foro

Lourenzo Iáñez, dito Cantelle, tenente da capela do Couto e das obras de San Martiño e Santa Eufemia, afóralle a perpetuidade a Pedro Iáñez, dito Cotoriño, unha viña en Outer de Ferro, por un moio de viño branco.

ACOu, Escrituras XV, 36

Sabean quantos esta carta viren que eu Lourençe Anes dito Cantelle clerigo do coro da igleia et tenente a capela do Couto et outrossy tenente a obra de San Martiño e de Santa Ouffemea por liçençia e outorydade de dom Bertolameu Peres meestrescola de Mondonedo e coengo e vigario geeral do onrrado padre e señor dom Alvaro por la graça de deus e da santa igleia de Roma obispo d’Ourense que he presente e outorgante e me da poder e outorydade para faser este aforamento que se adeante segue, dou e outorgo aforo a vos Pero Eanes dito Cotoriño morador en Cotoriño que he aalende de Raayro et a todas vossas voses para senpre huna leyra de viña e de monte que a dita obra ha enno dito lugar de Cotoriño que he aalende das ditas casas de Raayro, a qual iaz su Outer de Ferro, a qual viña e monte parte de huna das partes con huna leyra de viña que he do cabidoo da igleia d’Ourense que agora lavra Johan Ferreiro morador en Çeyn, et esta dita viña que lavra o dito Johan Ferreiro ias a par da carreira que vay de Seixalvo para Santa Mariña et vay topar na seara de viña da suçison que ordinou o arçidiago dom Pero Fafiña que agora ten Lourençe Anes de Sorveyra et da outra parte iaz a par do rigeyro do Portello que ven de Santa Mariña et fere en fondo na seara que ora ten Johan de Trella raçoeyro da ygleia d’Ourense, et huna peça do dito monte vay topar en çima no dito Outer de Ferro. Douvos e outorgo a foro a dita leyra de viña con todo o dito monte que lle perteençe e con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteensças a monte e a fonte hu quer que vaan, de disemo a deus et livre e quite de todo outro enbarguo per tal condiçon que vos e todas vossas voses que chantedes de viña todo o dito monte que perteensçe aa dita viña que esta por chantar, pedaço e pedaço de cada anno ata que o dito monte seia todo chantado, et que lavredes e paredes ben a viña que agora está chantada enna dita leira et a outra que chantardes no dito monte de todo lavor en maneira que non desfalesca por mingoa de lavor nen per mao paramento, et que vos e todas vosas voses que dedes e paguedes a min en quanto for teendor da dita obra et depois aos outros que dela foren teendores porlo tenpo cada anno en salvo huun moyo de viño branco de lagar por quarta dereita de seis açunbres, a des e sete quartas por moyo, do viño que ouver na dita viña ou doutro tan boon commo el, et pagardes de cada anno o dito moyo de viño no tenpo da vendimya en aquel tenpo que vos collerdes a novidade da dita viña, et faserdes a saber a min e ao teendor que porlo tenpo for da dita obra que enviemos por lo dito viño quando vos collerdes a novidade da dita viña, et nos devemos enviar por el e tragelo por nossa custa. Aynda he posto que se vos ou vossa vos quiserdes vender, deytar ou supeñorar a dita leira de viña ou parte dela que primeiramente frontedes ao que porlo tenpo for teendor da dita obra et lla dedes por lo justo preço que outre por ela der, et non a querendo nos, enton a vendede, deytade ou supeñorade a atal pessona que seia semellavil de vos et que lavre e pare ben et page o dito foro do dito moyo de viño et cunpra e agarde todas las cousas e condiçoens que en esta carta son contiudas et que vos sodes tiudo de conprir. Outrossy he posto que se vos ou vossa vos quiserdes poer aniverssario porla dita erdade por vossa alma que o ponades aa dita obra et non a outra igleia nen moesteiro nenhuun. Et porla dita outorydade do dito vigario obrigo todos los beens da dita obra para anparar vos e todas vossas voses senpre a dereito con a dita leyra de viña e monte que vos aforo sigundo dito he. Et eu o dito Pero Cotoriño que soon presente por min e por toda miña vos asi reçebo de vos o dito Lourençe Anes a dita leyra de viña e monte aforada porla maneira e condiçoens sobre ditas e sigundo dito he, et prometo e outorgo de a lavrar e parar ben et chantar todo o dito monte et dar e pagar a vos e aos outros teendores que perlo tenpo teveren a dita obra o dito moyo de viño de cada anno ao dito termio et conprir e agardar todas las cousas e condiçoes que en esta carta som contiudos, et para o asi conprir obrigo todos meus beens gaañados e por gaañar. Et eu o dito vigario que soon presente por que achey per testemoyo de omes boons clerigos que enviey veer a dita viña e monte et outrosy por juramento que reçebi sobre santos avangeos do dito Lourençe Anes et achey per eles que a dita obra non avya tanto en salvo da dita viña quando a lavrava per sy commo o dito moyo que lle agora an de dar, por ende outorgo este dito aforamento et dou outorydade ao dito Lourençe Anes que o faça, et mando que valla e seia firme para senpre. Et qual quer das partes que contra esto passar he posto que peyte aa outra parte que o conprir e agardar por pena mill mrs. de brancos, et a pena pagada ou non esta carta e aforamento sobre dito fique firme e valla para senpre. Feyta a carta en Ourense, nove dias do mes de janeiro, era de mill e tresentos e oyteenta e sete annos. Tests. que presentes foron Johan Afonso capelan de Santa Ouffemea, Apariçe Anes dobreyro desse lugar, Johan Eanes de Laroaa e Martin Fernandes clerigos do coro da ygleia d’Ourense et Ruy Peres mercador morador na Correraria.

Et eu Pero Lourenço notario pubrico d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy e en miña presença ho fez escrivyr e meu nomme e signal aqui puge que tal he.

(sinal)