GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

919
1415, febreiro, 9. Lugo

Álvaro Fernández traspásalles a Lopo de Prol e á súa muller o foro dunha casa na rúa do Campo polo que lle deberán pagar anualmente á igrexa de Lugo 20 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 149 v.



Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill quatroçentos et quinse anos, nove dias do mes de freveyro, en a çibdade de Lugo.

Saban todos como eu Alvaro Ferrnandes, dito Cabaleyro, morador que agora soo en Portomarin, outorgo et conosco que demito et pono et traspaso en vos Lopo de Prol, morador en a çibdade de Lugo, et en vosa muller, Tareija Afonso, todo o dereyto et abçon que eu aio et teno en huna cassa que esta en a dita çibdade de Lugo en a rua do Campo, que perteesçe a os aniversarios da iglesia de Lugo; a qual dita cassa esta entre huna casa en que ora mora Johan Lopes, fillo de Roy Lopes, mercador que foy, et entre outra casa que he das proçisoes da iglesia de Lugo en que morou Nuno Gonçalves, notario de Lugo, que ten en foro Johan Yanes, coengo de Lugo; a qual dita cassa he sub o signo da capella de San Pedro da dita çibdade de Lugo. A qual dita demitiçon et traspasamento en vos faço da dita cassa con todas suas entradas et seydas et jures et dereyturas et pertinenças, agoas vertes delo çeo a taes a terra, con todo o dereyto et abçon que eu en ela aio, segundo que a min demeteu et traspasou Johan Ferrnandes, dito da Nugueyra, a quen perteesçia o foro da dita cassa, con tal condiçon que vos, o dito Lopo de Prol, por vos et vosos bees seiades tiudos et obligados de pagar en cada hun ano a os ditos aniversarios et a o rendeyro et destribuydor deles viinte maravedis de moeda vella et de longos, et de comprir et atender todos los outros carregos et cousas que eu soo tiudo de comprir, segundo mays compridamente se conten en a demitiçon et traspasamento que a min feso da dita casa o dito Juan Ferrnandes da Nugueyra, et segundo se conten en o foro que fuy feyto da dita casa a Orraca Peres, muller que fuy do dito Juan Ferrnandes.

Et eu, o dito Lopo de Prol, que presente estou, asy reçebo a dita demitiçon et traspasamento de vos, o dito Alvaro Ferrnandes, que me fasedes da dita casa et foro dela et obligo a min et a todos meus bees et a os aniversarios dela, segundo que vos erades obligados, de os pagar et de comprir et atender todos los outros carregos et cousas que vos erades tiudo de comprir et atender en rason do dito foro, sen outra exçepçon et condiçon alguna. Et eu, o dito Alvaro Ferrnandes, asi vos lo outorgo. Et porque he verdade nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese ende esta carta et a signase de seu signo.

Feyta et outorgada en a çibdade de Lugo, dia et era et mes sobreditos.

Testemoyas que foron presentes: Lopo Ferrnandes, coengo et vigario da iglesia et obispado de Lugo; et Lopo Nunes, clerigo, yrmao de Roy Lopes, coengo de Lugo; et Gonçalvo Peres, clerigo do coro de Lugo, criado do dito vigario, et outros.
Et eu Pedro Fernandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he. (signo)

Pedro Ferrnandes, notario.