GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

926
1416, febreiro, 21. Lugo

Roi Lourenzo comparece ante o Cabido para resolver un preito sobre unha cortiña en Lugo comprometéndose a pagar dous marabedís anuais.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 116 v.


       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et seys anos, esta feyra viinte et hun dias do mes de febreiro.

Estando en a çiudade de Lugo dentro en o coro da iglesia cathedral de Santa Maria da dita çiudade as persoas, coengos et omes boos do dito cabidoo em seu cabidoo por campaa tangida, segundo que o an de uso et de custume, con Lopo Ferrnandes, coengo et rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, en presença de min notario et testemoyas iuso scriptas, pareçeu y enton Roy Lourenço, mercador, vesino da çiudade de Lugo, por si et en nome de sua muller, Mayor Eanes, por la qual el obligou si et seus bees que ela ouvese por firme esto adeante contiudo, et diso por min o dito notario que por rason que el avia pleito et contenda con o dito Lopo Ferrnandes, coengo, sobre rason de hun leyro de cortina que esta en a çiudade de Lugo cabo a Torre de Millmanda açerca dos paaços do Conde don Fradrique, que lle o dito Lopo Ferrnandes, coengo, demandava para os ditos aniversarios, que el agora por se quitar de pleito et juyso et contenda et por desencarregar sua alma et conçiençia que poyna et poso et outorgo de çenso et penson et juyso et contenda et por desencarregar sua alma et conçiençia que poyna et poso et outorgo de çenso et penson, cada ano, por lo dito leyro de cortina, dous moravedis longos en cada hun ano para senpre jamays para os ditos aniversarios, et el et todos los outros en que suçedese o dito leyro que os pagasen de cada ano por dia de San Martino de novembro, et seendo vendido, ou supinorado, ou eallado o dito leyro en alguna maneyra que todavia fose con a carrega et tributo de pagar os ditos dous moravedis longos cada ano para os ditos aniversarios; para o qual teer et comprir diso que obligava sy et seus bees et espeçialmente o dito leyro.

Et o dito Lopo Ferrnandes, coengo, rendeyro dos ditos aniversarios, de consintimento das persoas, coengos, benefiçiados et omes boos do dito cabidoo, asy reçebeu o dito leyro et penson para os ditos aniversarios por lo dyto leyro, et pedeuho asy signado.

Testemoyas: Afonso Ares das Cortinas, arçidiago de Deçon; et Lopo Diaz, mestrescola; et Rodrigo Afonso, juyz; et Roy Lopes, Rodrigo Ares, et Afonso Teyxeyro, Fernando Rodrigues, coengos; Pedro Ferrnandes, Fernando Ferrnandes, Fernando Rodrigues, Afonso Rodrigues, et Afonso Ares, et Roy Ferrnandes, raçoeyros, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et este publico instromento por rogo das partes scripvi, et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he.

Pedro Fernandes.