D204
1459, maio, 21
Gonzalo, labrador, presenta testemuñas na demanda
contra Lopo de Santiago, carniceiro, por unha dobra de mala calidade que
lle entregara con encargo de devolverlla a Fernando de Vila (Queste),
quen lle pagara con ela a compra de viño, e no seu lagar recibira xa 80
mrs. pero aínda se lle deben outros 20. (fols. 61v-62)
En este dito día que eran viinte e un dias do dito mes do dito anno, ante os ditos alcalldes abdiençia da terça, paresçeu o dito Gonçalvo labrador e presentou por test. a Joan d’Agillar vesiño da dita çibdade e a Lopo Gomes morador en Çeboliño, fillo de Gomes Yanes de Çeboliño, dos quaes os ditos alcalldes sacaron juramento en forma devida, por lo qual prometeron de diser verdade, e feito o dito juramento o dito Lopo diso e declarou seu juramento esto que se sigue:
(Diso)* Preguntado que he o que sabe en rason da dita dobra que o dito Gonçalvo labrador deu ao dito Lopo de Santiago para que a dese a Fernand de Vila Queste, por quanto lla dera (e)* en pago de seu viño e non era booa, que lla dese e lle dese outra mellor ou ou(tros) diñeiros dela e non lle dando a paga dela que lle trouxese sua dobra. E despoys que o dito Gonçalvo labrador requerise ao (fol. 61v)
dito Lopo de Santiago que por quanto resçebera del oyteenta mrs. en pago da dyta dobra e ficase delle dar mays viinte e llos non quisese dar e lle requerise por elo disendo que a dita dobra non era booa nen valia o dito preço e el lle disese que lla tornase e el disese que era pasada.
Diso e declarou o dito Lopo Gomes (que el fora)* por lo dito juramento que feito avía que el fora con o dito Gonçalvo labrador a seu rogo a casa do dito Lopo carniçeiro tomar çertos dineiros, os quaes diso que eran daquela dobra, e por todos os ditos mrs. que lle estonçe deu diso que pagara ao dito Gonçalvo labrador oyteenta mrs. con outros que avía ja resçebidos de ante que faseran a dita conta dos ditos oyteenta mrs. e o dito Lopo carniçeiro que disera que lle quedava devendo aynda da dita dobra viinte, e que asy quedaran por conta e que llos pagaría en carne ou en dineiros, e que o /dito\ Lopo que disera que aynda non oubera a paga do outro, a que lla mandaran dar, pero que mays dineiros lle devia ala naquela terra e que os recadaría todos e que do dito negoçio non sabía mays.
Iten Iohan d’Agilar segundo testigo, diso porlo juramento que feito avia (- - -) (fol. 62)