-159-
O dito Ares de Treytes, jurado e pregũtado, et çétera, diso que oýra diser e cree ser / verdade que Lopo4 d'Agujleyro vendeu a Garçía Codeso, morador en Padrõ, ẽna agra / das Pedrosas, que he ẽna Cãçela, dúas mjllarías ẽna Cãçela e / dúas ẽna [leyra de] Mourís, que erã do moesteyro de Sã Justo.
Jtem diso que tijña dúas / cartas en pulgameo que as entregaría.
Jtem diso que oýra diser que leuara / Vasco de Vialo hũu tonel da dita granja.
Jtem diso que cada e quando fose / rrequirido que lle partería e apearía e estremaría a herdade de Njne4 / e outras quaesque(e)r herdades e cousas que lle perteeçesẽ ao dito moesteyro e que ele / soubese ẽna dita freygresja cõ protestaçõ que fiso se máys4 se lle acordase / que o dirá e declarará. //
__________
4. Leva un trazo sobre a palabra.