GMH/ÍNDICE A-Z

290
1348, xaneiro, 20
foro

Gómez Pérez e Xoán Iáñez, notario, en nome da súa muller, María Fernández (que o confirma o 6 de febreiro), afóranlles a perpetuidade a Estevo Pérez e á súa muller, María Pérez, moradores en Mugares, todos os seus bens en San Martiño de Mugares por 6 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 89

Sabean quantos esta carta viren que eu Gomez Peres çidadao d’Ourense morador na rua da Ayra do Bispo e eu Johan Anes notario da dita çidade en nome de Maria Fernandes miña moller que non he presente, a qual prometo de dar a outorga desta carta, damos e outorgamos a foro a vos Estevoon Peres morador en Mugares e a vosa moller Maria Peres que non he presente e a toda vosa vos para senpre todas as herdades e beens, arvores e cortinas que eu o dito Gomez Peres e eu o dito Johan Anes por nome da dita miña moller avemos e nos perteençen na frigresia de San Martiño de Mugares, os quaes beens foron de Pero Lourenço de Mugares fillo de Marina Dominguez que foy que lle a el ficaron por razon da hereença da dita sua madre. Aforamos vos esto que dito he con suas entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças a montes e a fontes hu quer que vaan, por tal condiçon que lavredes e paredes ben esto que dito he en maneira que non defalescan por mingoa de lavor e de boon paramento, et que dedes a min o dito Gomes Peres e a dita Maria Fernandes moller de min o dito Johan Anes ou a nosa vos de foro por elo em cada hun anno en salvo por dia de San Martiño de novenbro seis libras de diñeiros brancos da moeda de noso señor el rey dom Afonso de que contan quareenta par de diñeiros novos por tres libras, et que façades os foros e dereitos segundo que se por elles am de fazer e livres e quites de todo outro enbargo. Et se quiserdes vender, deitar ou supinorar ou obligar esto que vos aforamos ou parte delo primeiramente devedes frontar a nos ou a nosas vozes et se o nos ou nosas vozes quisermos polo justo preço que outre por elo der que o ajamos ante ca outre nihuun, et non no querendo que enton o vendades, deytedes ou supinoredes ou obligedes a atal pesoa que seia semellavil de vos e que faça e pague e cunpra e agarde as condiçoens desta carta sigundo que vos sodes tiudo. Et eu o dito Gomes Peres por min enna huna meatade et eu o dito Johan Anes en nome da dita Maria Fernandes miña moller enna outra meatade obligamos a vos todos nosos beens gaañados e por gaañar para vos anparar e defender a dereito con esto que vos aforamos commo dito he. Et eu o dito Estevoon Peres por min e pola dita miña moller asy reçebo de vos os ditos Gomes Peres e Johan Anes esto que me aforades commo dito he e para lavrar e parar ben e pagar e conprir e agardar todo esto sigundo sobre dito he obligo a vos todos meus beens gaañados e por gaañar. Posto foy e outorgado entre as ditas partes que qual quer delas que contra esto pasar e o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de pena çen mor. da boa moeda e aa vos del rey outros tantos. Et a dita pena pagada ou non esta carta e aforamento fique firme e valla para senpre. Et desto en commo pasou as ditas partes pediron a min Gonçalvo Peres notario que lles desse ende senllas cartas feytas en hun tenor huna tal commo outra. Feyta a carta en Ourense, viinte dias de janeiro, era de mill e tresentos e oyteenta e seis annos. Tests. que a esto foron presentes Fernan Lopes beyneiro e Lourenço Peres ferreiro e Lourenço Domingues e Fernan de Poulos omes do dito Gomes Peres.

Et depois desto na dita era, viinte e seis dias de fevereiro a dita Maria Fernandes moller do dito Johan Anes disso que outorgava esta carta e todo aquelo que en ela he contiudo sigundo que o dito Johan Anes seu marido por ela e en seu nome fesera. Tests. Johan Domingues capelan da igleia da Triidade e Fernan Anes omme de Johan Giraldes coengo d’Ourense.

Et eu Gonçalvo Peres notario publico da çidade de Ourense polla igleia desse lugar que a esto presente foy e em myña presença o fis escrivyr e meu nomme e signal y puge que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta das herdades que foron de Pero Lourenço de Mugares.