GMH/ÍNDICE A-Z

D34
1459, (marzo)
O reitor da igrexa de Tioira arrenda durante dous anos os beneficios da igrexa de Santiago de Foncoberto por 800 mrs. que xa recibiu. (fol. 11v)
Sabean quantos esta carta de arrendamento viren (como) eu Gomes Gonçalves clerigo reytor da iglesia de (...) de Tyora, conosco et outorgo que reçeby de (vos) Lopo de Castadon oytoçentos mrs. vellos (branca en tres) dños., por los quaes ditos oytoçentos mrs. (...) et enpeno Santiago de Foncoberto (...)xa a dita miña iglesia de Tyora, a qual dita aldea de Santiago de Foncoberto vos enpeno deste dia de San Joan Bautista primeiro que ven deste dito anno ata dous annos primeiros sigentes duas novidades alçadas tan solamente e mays non con estas condiços, que levedes para vos de cada hun anno por los ditos dous annos todos-los frutos et disemos et escondoyras et pan et outras quaes quer cousas a min perteesçentes enna dita iglesia por tenpo dos ditos dous annos livres et quites de todo outro trebuto, çenso et encarrego alguun, et obrigo os beens da dita miña iglesia para vos faser saao et de pas o dito arrendamento por los ditos dous annos et para vos defender con ela a dereito et he posto que se alguna serbedue ouver de aver enna dita iglesia por lo dito tenpo que a serva eu o dito Gomes Gonçalves, et prometo et outorgo de vos non pasar contra elo sopena do dobro etç. Tests. Garçia d’Ourantes, Rodrigo Fernandes abade de Santa Maria de Monte Rey et Pero Yanes clerigo de San Çibraao et Ares de Prado vesiño d’Ourense.