1329, outubro, 2. Lugo
Era de
mill et CCC LXVII annos, dous dias d’outubre. Sabeam quantos esta
carta viren commo nos o dayan et cabidoo da iglesia de Lugo, da huna
parte, et eu Johan Ferrnandes, pedreiro da obra dessa iglesia con
Tereyia Peres mina moller, da outra, fasemos entre nos tal escambea
valledeyra por senpre. Conven a saber que nos dayan et cabidoo damos
et outorgamos a vos, Johan Ferrnandes et a vossa moller Tereyia
Peres, para senpre por jur de herdade, a meatade d’un formal de
huna casa que he na çibdade de Lugo ena rua do Carvallar sub a
capela de San Marco, con todas suas pertenenças et dereyturas; do
qual formal a outra meatade he de Pedro Savaschaes, lavrador, da
porta de San Pedro et de seus fillos; et ias da huna parte a casa de
Lopo Rodrigues, que foy do Carvallar, et da outra casa que he de vos
o dito Iohan Ferrnandes. Et eu, Iohan Ferrnandes con mina muller
Tereyia Peres, damos et outorgamos a vos, dayan et cabidoo sobredito,
para senpre por iur de herdade o nosso herdamento et vos que avemos
en Castro et en Meyllay peru quer que vaa, a monte et a fonte, no
casal que foy de Pay Suares, sub signo de Santiago de Meylay; a qual
herdade a nos perteeçe por Maria Domingues, madre de min Tereyia
Peres sobredita; et vos avemos a perffaser d’una mea oytava semente
de herdade a cada mao et mays se o avemos en esta vos deste casal de
Pay Suares sobredito. Et cada hun de nos as partes prometemos et
obligamos a faser senpre de pas estas cousas sobreditas de que
fasemos esta escanbea commo sobredito he por todos nossos bees. Et
que esto seia çerto et non venna en dulta rogamos a Fernando Peres,
notario publico de Lugo, que faça faser desto duas cartas en hun
tenor, et ponna en cada huna delas seu nome et seu signal en
testemoyo de verdade.
Testemoyas
que presentes foron: don Fernando Aras, dayan; don Pedro Ruys, juys;
don Diego Ferrnandes, archidiacono de Dezon; Ares Pellaes, Andres
Peres, Alvar Ferrnandes, coengos de Lugo; Fernando Ares, clerigo do
coro et procurador dos aniverssarios, et outros.
Et eu
Fernan Peres, notario publico de Lugo, chamado et rogado presente foy
a esto commo dito he, et esta carta fige scrivir et puge meu nome et
meu signal en testemoyo de verdade. (+).