1336, abril, 6. Lugo
Acta notarial referente á entrega dunha casa na rúa da Triparia, realizada por Eldonza Rodríguez ao procurador do Cabido.
Era
de mill et treçentos et setaenta et quatro annos, seys dias d’abril,
en presença de min Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, et das
testemoyas subscriptas, Eldonça Rodrigues herel et executor
d’Affonso Rodrigues, clerigo, fillo de Ruy Lopes de Burgo Novo que
foy, disso que o dito Affonso Rodrigues mandara en seu testamento a
os coengos da iglesia de Lugo por aniversario para senpre huna casa
que he en Lugo enna rua da Triparia, en que o cabidoo de Lugo avia
d’aver des et seys soldos, enna qual cassa ora mora Marina Pellina.
Et logo a dita Eldonça Rodrigues en nome do dito cabidoo meteu
corporalmente enna dita casa et posison della a Fernan Affonso,
coengo de Lugo procurador desse cabidoo, et deu-lle a dita casa et
possison della livre et quita et desenbargada sen ninhuna obligaçon,
et o dito Fernan Afonso assy reçebeu a dita casa et a posison della
en nome do dito cabidoo et para el, et leyxou y por caseyra en nome
do dito cabidoo a a dita Marina Pelina. Et de commo todo esto passou
o dito Fernan Affoso, coengo, pediu a min notario sobredito publico
instrumento.
Que
foy feyto ante a porta da dita casa era et dias sobreditos.
Testemoyas
que foron presentes: Fernan Pellaes do forno da Triparia; Vaasco
Peres, ome d’Affonso Eanes, raçoeyro de Lugo; Affonso Ferrnandes,
escrivan, ts.
Et
eu Ruy Ferrnandes, notario sobredito, a esto commo dito he rogado et
chamado presente foy et esta carta en este livro do cabidoo en minna
presença fis escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de
verdade.