1366, setembro, 8. Lugo
Don Fernando Ruíz de Castro, conde de Trastámara, Lemos e Sarria dóalles
ao bispo e á igrexa de Lugo o couto e freguesía de San Paio de Diomondi
e de Belesar, en terra de Lemos.
Enno
nome de Deus amen. Sabeam quantos esta carta viren commo eu, dom
Fernan Ruys, sennor de Castro, conde de Trastamar et de Lemos et de
Sarria et sennor de Cabreyra et de Ribeyra, et pertegueyro mayor de
terra de Santiago, et alferes mayor del rey et seu endeantado mayor
en terra de Leon et de Asturias et de Gallisia, con outorgamento de
dona Ysabel, minna madre et sennora, por faser ben et merçee a
dom frey Pedro Lopes de Aguyar da orden dos preegadores, obispo de
Lugo, por moytos serviços et boas obras que me feso, et por
moytos dapnos et destruymentos que reçebeu ennas herdades et
cassares da sua iglesia de Lugo, por min et por minna vos, que lle y
feseron eamigos do dito sennor rey et meus, por serviços et
aiudas que nos senpre feso contra elles, doulle et outorgolle por
couto para el et para seus subçessores et para a dita sua
iglesia de Lugo en doaçon pura et firme, commo mellor pode et
deve valer de dereito, o meu couto et fiigregia de Sant Payo de
Diomonde con Belsar, que he en terra de Lemos enno bispado de Lugo,
con todos seus terminos et con todos los herdamentos et cassas et
vinnas et bees rayses que eu ey et me perteesçen de aver, et
con todas las demandas et rendas et foros et dereitos et aventuras
que eu ey et aaver devo enno dito couto et fiigregia de Sant Payo de
Diomonde et de Belsar, et en todos seus terminos et fora del por ut
quer que vaan, que a o dito couto perteesçen, et con toda a
iustisia et sennorio et iuridisçion criminal et çivil
et rayal que eu y ey et devo aaver de dereito et de feyto, assy que
non retenno y para min ninhuna coussa. Et este couto et fiigregia
sobredita lle dou que o aia por iur de herdade et por couto el et
todos los outros bispos que foren despoys del enna dita iglesia de
Lugo para senpre iamays, con montes et fontes, et pastos et agoas
correntes et estantes, et moleyras et pesqueyras, et con entradas et
seydas, et con todas las outras coussas, assy igleiarias commo
leygarias, que me y perteesçen et perteesçer deven en
qualquer maneira et por qualquer vos et rason et subçesson, et
con poderio livre et comprido para por y mayordomos et iuyses et
notarios et offiçiaes da iustisia et tirarlos quando conprir.
Et mando et defendo firmemente que d’aqui adeante non seian
oussados de entraren y mayordomo, nen mayordomos, nen iuys, nen
merino meus nen d’outro algun, nen outra iustisia alguna que
por min ou por meus subçessores foren enna mina villa de
Monforte, nen enna mina terra et coutos de Lemos, para y hussaren de
seus offiçios nen demandaren foros nen dereituras, nen pennas,
nen calompnias, nen outras coussas algunas, nen de passar en nihun
tempo a o dito bispo, nen a os outros bispos que foren despoys del
enna dita iglesia de Lugo, contra esta merçee que lle faço
nen della contrariar en ninhuna maneira, que qualquer que o feser aia
a yra de Deus et a minna, et peytem en pena mill moravedis da boa
moeda, et a o dito bispo et a os outros bispos seus subsçessores,
que despoys del veeren enna dita iglesia de Lugo, todo o dapno que y
reçebessen dobrado; et prometo por min et por meus herdeyros
de non yr, nen passar, nen revocar esta merçee et donaçion
que faço a o dito bispo et sua iglesia et seus subsçessores
en ningun tempo por rason de ingratidume, nen por outra maneira
alguna. Et todo o podoerio et sennorio que eu avia enno dito couto de
Diomonde et de Belsar seia tirado et removudo de min et posto et
traspassado enno dito bispo et sua iglesia para el et para seus
subsçessores para senpre, segundo que o eu avia et pessuya. Et
mando et doulle poder que d’aqui adeante possa entrar et
reçeber o dito couto et fiigregia por sua auttoridade sen
outra iustisia alguna, por sy ou por outro en seu lugar, quando
quisser, et hussar del et faser del et en el todas las coussas que
sua voontade foren commo de sua coussa propia. Et porque esto seia
firme et estaville mandey ende seellar esta carta con meu seello de
çera colgado en que escrivi meu nome, et por mayor firmidume
roguey a minna madre que possesse y seu nome, et mandey a Fernan
Peres de Ledesma, notario publico de nosso sennor el rey dom Pedro en
todos seus regnos, et a Arias Peres, raçoeiro, et notario
publico enna çibdade de Lugo, que possessen y seus nomes et
seus signos.
Feyta
enna çibdade de Lugo, oyto dias de setembre, era de mill et
quatroçentos et quatro annos.
Testemoyas
que foron presentes: Andreu Sanches de Gres, Sueyro Yanes de
[Parede], cavalleyros; Ruy Lopes de Aguyar, Alvar Nunes de Mira,
escudeyros, et outros.
Et
yo Fernan Peres de Ledesma, notario publico de nuestro sennor el rey
don Pedro en la su corte et en todos los sus regnos, por mandado del
dicho conde don Fernando fis escrivir esta carta et fis aqui este mio
signo a tal en testemoyo de verdat. (+).
Et
eu Arias Peres, raçoeiro, et notario publico de Lugo dado por
auctoridade do bispo desse lugar, a esto que sobredito he con o dito
Fernan Peres de Ledesma, notario sobredito, presente fuy et por
mandado do dito conde, don Fernando, esta carta escrivi et puge y meu
signal en testemoyo de verdade. (+).