1372, agosto, 9. Lugo
O Cabido, ante a renuncia de María López, afóralle a Arias Fernández e a
unha voz as herdades que posúe en San Martiño de Río, San Vicente de
Toldaos e Vilapedre, por renda anual de 15 marabedís.
Sabeam
quantos esta carta virem commo nos, o dayan, et cabidoo da iglesia de
Lugo seendo iuntados en cabidoo por campaa taniuda, segundo que o
avemos de uso et de custume, por rason que Maria Lopes, filla de Lopo
Garçia de San Martino de Rio, foreyro que era desta nosa
iglesia ennos lugares et herdamentos et casas que a dita iglesia ha
sub signo de San Martino de Rio et de San Viçenço de
Toldaos et en Villapedre, veo ante nos et disso que non podia manteer
o dito foro et os herdamentos del en boo paramento, segundo que era
obligada, por la qual rason nos pidio que lle reçebesemos o
dito foro ca ella renunçiava en nosas maos todo o dereyto que
en el avia, non fasendo a dita Maria Lopes mençon en commo por
lo dito seu foro avia de nomear por pessoa necessaria del hun dos
fillos de Pedro Ferrnandes de San Martino do Rio et de sua muller,
Eynes Ferrnandes, et en commo o dito Pedro Ferrnandes por rason da
segunda et terçeyra pessoa qua avian neçesariamente a
seer nomeadas dos seus fillos hun pus outro deran, a a dita iglesia
por rason do dito foro, huna teega et medea semente de herdade sub o
dito signo de San Martino do Rio. A qual dita renunçiaçon
do dito foro nos reçebemos et commo despoys nos mostrasen os
ditos Pedro Ferrnandes et Arias Ferrnandes, seu fillo, a carta do
dito foro, que fora feyto a a dita Maria Lopes, con condiçon
das ditas persoas enna qual eran contiudas as cousas sobreditas, et
nos pidisen et frontasen et requerisen que lles guardasemos seu
dereyto, que enna dita carta era contiudo, conven a saber poys, que o
dito foro era renunçiado, que lles possesemos o dito foro en
hun dos ditos seus fillos deste dito Pedro Ferrnandes, poys que el
dera e iuntara a dita teega et media de herdade a a outra do dito
foro, et ha del reçebera o cabidoo da dita iglesia por las
ditas condiçoes, et a dita Maria Lopes en seu periudiçio
o renunçiava maliçiosamente. Nos por todas estas rasoes
et entendendo que non deviamos faser iniuria a os ditos fillos do
dito Pedro Ferrnandes non lles devia enpeecer a malicia da dita Maria
Lopes, que asi caladamente renunciara o dito foro, tomamos et
reçebemos por foreyto et perssoa enno dito foro, que foy feyto
a a dita Maria Lopes, a o dito Arias Ferrnades, fillo do dito Pedro
Ferrnandes et de Eynes Ferrnandes, et a huna pessoa que seia hirmao
do dito Arias Ferrnandes, fillo dos ditos Pedro Ferrnandes et Eynes
Ferrnandes, segundo as condiçoes que se enno dito foro
conteen, que fuy feyto a a dita Maria Lopes, et que este dito Arias
Ferrnandes, fillo dos ditos Pedro Ferrnandes et Eynes Ferrnandes, et
a dita pessoa lavren et paren ben os ditos herdamentos do dito foro
et mantennan as casas deles en boo estado, et que den de cada ano a
os aniversarios da iglesia de Lugo, ou a seu procurador, quinse
moravedis, d’oyto soldos o moravedi, da moneda del rey don
Afonso, en pas et en salvo enna villa de Lugo por dia de Natal, ou a
contia deles, segundo que se pagaren os outros foros et rendas da
dita iglesia de Lugo. Et por esta nosa carta et contracto renunçiamos
et damos por nihun o foro se o dos ditos herdamentos et casas fesemos
a Eynes Lopes, filla de Lopo Alvares d’Armesto et de Moor
Garçia, ou a outro qualquer, por rason que foy feyto calada a
verdade et contra dereyto.
Et
eu, o dito Arias Ferrnandes, que estou presente por min et por la
dita pesoa, assy reçebo o dito foro de vos, lo dito dayan, et
cabidoo et obligo todos meus bees et da dita pesoa a comprirlo en
todo et de non viir contra ello en ninhuna maneyra. Et porque esto
seia çerto nos las ditas partes rogamos et mandamos a Fernan
Peres, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun
tenor, a huna delas para o dito Arias Ferrnandes signada con seu
signal et seellada con noso seello pendente, et a outra enno livro de
nos, lo dito cabidoo, signada con seu signal.
Feyto
foy esto en Lugo, nove dias d’agosto, era de mill et
quatroçentos et des annos.
Testemoyas:
don Ruy Ferrnandes, dayan de Lugo; don Gonçalvo Eanes, chantre
dese lugar; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deça; don
Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Alvar Dias,
iuys; don Diego Gomes, thesoreyro; et Afonso Ferrnandes, et Alvar
Ferrnandes, et Iohan Garçia, raçoeyros da dita iglesia;
et Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, ts., et outros.
Et
eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo dado por la
autoridade do sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he
pressente foy et a rogo et mandado das ditas partes o dito foro
escrivi en este livro do cabidoo et puge en el meu signal en
testemoyo de verdade.