vendaFernando Martínez
véndelles a Gonzalo Martínez e á súa
muller, Xoana Núñez, unha leira de
viña en Vilanova (freguesía de San Miguel de Souto), foreira de terza ao
bispo, por 350 mrs. de moeda portuguesa.
Enno nomme de deus amen.
Sabeam quantos esta carta viren que eu Fernan
Martines morador en Penna Igleia,
presente e outorgante mina moller
Maria Peres, por min e por toda mina voz vendo e
entrego per esta carta a vos Gonçalvo Martines
fillo de Gonçalvo Martines que foy
d’Ourense e a vossa esposa Johanna Nunez e a
toda vossa voz para senpre huna leyra de viña
que eu aio en termio de Vilanova na fiigrisia de Sam
Miguel de Souto enno lugar que chaman
Pereyro, a qual leyra iaz entre a leyra de Martin
Migues da huna parte e a leyra de Johan
Fernandes da outra, et ençima entesta enna leyra de
Domingo Eanes e en fondo fer enna leyra de
Lourenço Domingues de Vilanova. Vendo a vos a
dita leyra con entradas e saydas e con todos seus
dereitos e perteenças de foro de terça ao
bispo d’Ourense e livre e quite de todo outro
enbargo. Que vos e toda vosa voz aiades e pessoyades a leyra sobre
dita en jur de herdade para senpre e façades della
vossa voontade livremente e o que vos aprouver.
Ca outorgo que reçebi de vos por ella bem e
conpridamente todo o preço que a min e a
vos aprouvo, conven a saber trezentos e
çinqoeenta mor. da moeda portuguesa de
que contan xvi pares de dineiros novos por tres
mor. Et logo todo jur, voz, señorio, possissom, propiedade e
dereito que eu ey na leyra sobredita todo
o tollo de min e de toda miña voz e meto e poño vos e toda
vossa voz en corporal possissom dela para senpre per
esta carta. Et outorgo a anparar senpre vos e
toda vossa voz a dereito con a leyra sobredita
per min e per todos meus beens gaanados e por
gaanar. Et quen quer que contra esta carta veer
aia a yra de deus e a miña maldiçon e quanto demandar
peyteo a vos e a vossa voz doblado e aa voz del rey de pena c
mor. da boa moeda e esta carta fique sempre
firme. Feyta a carta en Ourense, çinqo dias dabril,
era de mill e cccliii annos. Tests. que foron
presentes Affonsso Viviaez coengo d’Ourense,
Fernan Domingues çidadao desse lugar,
Gomez Eanes da Torre, Lourenço Eanes alfffayate
omme do dito Afonso Viviaez.
Et eu Gomez Fernandes
notario d’Ourense por lo bispo e por la igleia
dessa çidade que a esto presente foy e o fis
escrivir e meu sinal y puge que e tal en
testimunyo de verdade.
(sinal)
[
reverso]
Carta p
or
q
ue
F
ernan
M
artines
de Vilanova ve
ndeo
esta viña a Johana Nun
es,
a q
ual
iaz en Vilanova eno lugar q
ue
chama
n
o Pereiro.