GMH/ÍNDICE A-Z

392
1339, novembro, 4. Lugo
Don Vasco Díaz, cóengo, afóralles a Afonso Arias e á súa muller e a unha voz unha herdade nas freguesías de San Xoán de Cela e Santiago de Camposo e medio caneiro por renda anual de terza e media de pan e catro ducias de anguías.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 24r.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Vaasco Diaz, coengo de Lugo, et amiistrador do mes de febreiro en terra de Farnadeyros, con outorgamento de don Fernan Aras, dayam de Lugo, et do cabidoo desse lugar, afforo a vos Affonso Aras de [Caçaes], et a vossa muller Maria Affonso, a herdade que a iglesia de Lugo ha a o Canpo, sub signos de Sayoane de Çella et de Santiago de Canposo, segundo a vos trouxestes en renda de Jacome Eanes ata ora; et con esta herdade vos afforo o meo do caneyro da seara que esta na Neyra entre a Ponte de Çella et o moyno de [Cercada], para en todos vosos dias d’anbos et de huna pesoa qual o postrimeyro de vos nomear a tenpo de seu finamento, que vos que a lavredes et paredes ben et me dedes della cada anno huna terça et mea de pan en renda, as duas partes de tenporao et a terça de serodeo, do mellor que y ouver posta a semente, et por lo caneyro quatro duçeas d’anguias coseyras, secas et salgadas. Et o dito pan et anguias me avedes a dar et pagar en Paaços, et pagardes o dito pan des Sancta Maria d’agosto ata San Migueel, et as anguias ata Natal. Et esta herdade et caneyro vos afforo con todas suas pertenenças et dereyturas, arvores et formaes, montes et fontes. Et a morte da pustrimeyra pesoa de vos o dito Affonso Aras et Maria Affonso et da pesoa que nomeardes que fique a dita herdade et caneyro livre et quito a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et se po-lla ventura non pagardes o dito pan et anguias cada anno, que por lo primeiro anno que non pagardes, que pergades o dito foro.

Et eu, Affonso Aras por min et por la dita mina muller et por la pesoa, asy reçebo de vos o dito Vaasco Diaz a dita herdade et caneyro sobredito, et obligo min et meus bees et da dita mina muller para pagar a dita renda. Et nos, o dito dayam et cabidoo, porque achamos que este he boo paramento para a iglesia de Lugo outorgamos este foro. Et porque esto seia çerto et non vena en dulta nos as ditas partes rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçesse d’esto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra, huna que desse a o dito Affonso Aras signada do seu signal et seellada con seello do dito cabidoo, et outra carta que posesse enno livro do cabidoo, signada de seu signal.

Que foron feytas en Lugo quatro dias de novenbre, era de mill et CCC LXXta et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: don Fernan Aras, dayam; don Fernan de Deus, chantres; don Alvar Diaz, archidiago de Sarrea; don Pedro Jacome, juyz; don Aras Pellaes, thesoreyro; Andres Peres, Vaasco Rodrigues, Fernan Affonso, Johan Diaz, Johan Fernandes, coengos de Lugo; Johan Fernandes, raçoeyro desse lugar ts., et outros moytos.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo sobredito dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en este livro do cabidoo en mina presença fiz escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.