GMH/ÍNDICE A-Z

1397
1498, abril, 3. Vilamaior de Ulloa
O mordomo do conde de Monterrei afóralles a Roi Vázquez, á súa muller e a dúas voces dous tercios da seara de Santa Mariña de Lamela, por renda anual de tres fanegas de pan e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Carp. 1333 E/14, perg. orix., galego, cortesá, 300 x 410 mm.

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et nobeenta et oyto anos, tres dias do mes de abril.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Alvaro Lopes de Vilouris, mayordomo et fabtor do Conde de Monterrey meu senor, et por vertud dos poderes que de sua senoria theno, dos quaes ditos poderes eu o escripvano infraescripto dou fe, que han pasado diante de mi, et que sua senoria ha outorgado todo seu poder comprido a o dito Alvaro Lopes, seu mayordomo, para que por el et en seu nome posa aforar et arrendar todos los seus lugares et herdades, asy hermos como probados, desta parte do Mino contra Paabre, segund et como mellor et mays conpridamente coosta por dito poder, que ias en o [meu] registro, o qual por prolixidad de escriptura aqui non he fixo. Por ende eu, o dito Alvaro Lopes, veendo et entendendo [que o] adiante contiudo he feyto en serviçio de Deus et probeyto do Conde, meu senor, et de seus herdeyros, outorgo et conosco [...] et dou en aforamento et por razon de foro a vos Roy Vasques, vezino et morador que sodes en a fregisia de Santiago de Pera[...], que he en terra de Pallares, que presente sodes, conben a saber que vos aforo os dous terços entregamente de toda a seara [da iglesia] de Santa Marina de Lamela [...] do dito Conde, meu senor, a qual vos afora por dias de vosa vida et de vosa moller, Aldara Afonso, que he absente tan [...] et tan compridamente como se fose presente, et a primeira voz por cada un de vos nomeada posa nomear a segunda voz, et asy subçesibemente huna en pos de outra, et non seendo nomeada [...] primeira voz quero et outorgo que seia primeira voz aquel ou aquela que de dereito herdar a mayor parte dos bees do postrimeyro de vos, o dito Roy Vasques, et da dita vosa moller, et posa nomear a segunda voz. Et [avedes] de dar et pagar, de cada ano, [vos] et a dita vosa moller et vosas vozes et suas a o Conde, meu senor, ou a quen por sua senoria o ouber de recabdar, tres fanegas de pan lynpo de poo et de palla et midido por la midida dereyta de Pallares, et pago en o mes de agosto ou de setembre en a dita fregisia de Santa Marina de Lamela, et asy de cada ano durante o tempo do dito aforamento. Et he a saber que avedes de correger et lebantar huna casa en a dita parte da dita seara da dita iglesia a vosa custa et misyon de pedra et lousa et madeyra, por quanto esto que vos asy aforo jaz todo en hermo. Et avedes de teer a dita casa hergida et restoyrada de todo o que lle faze menester, et as herdades labradas et chousas de maneyra que non se pergan por mingua de labramento et chousura, nen a dita casa non se perga por mingua de reparo et restoyramento. Et a a fyn do dito tempo asy o leixar todo libre et quito et desenbargado a o Conde, meu senor, ou a quen por sua senoria o ouber de resçeber con todo o prefeto et boo paramiento que en todo elo for et esteber feyto. Et vos, o dito Roy Vasques, nen a dita vosa moller, nen as ditas vosas vozes et suas, non avedes de vender nen sopenorar este dito aforamento, que vos eu asy fazo, nen traspasarlo en persona alguna sen primeiramente requerir a o Conde, meu senor, se o quer tanto por tanto, et quereendoo que o aia, et non o querendo que entonçes o posades faser a tal persona que seia llana et semital de vos, et que de et pague de cada ano as ditas tres fanegas de pan et quatro capoes çebados por dia de Nadal, et asy de cada ano durante o tempo do dito foro, et cumpra et guarde as outras maneyras et condyçoos susoditas. Et vos, o dito et vos o dito (sic)  Roy Vasques, et a dita vosa moller et vozes fazendo et conprindo esto, que susodito he, o dito Conde, meu senor, nen eu nen outro en seu nome, non vos debemos nen avemos de tirar nen quitar este dito aforamiento por mays nen por menos nen por en tanto que outro por elo de nen prometa, nen por diser et alegar que oubo et ha engano en este dito aforamiento en mays de a metade, nen por outra razon nen exçeison alguna, ante prometo et outorgo que vos sera feyto saoo et de paz a dereyto por los beens do dito senor Conde, que vos para elo obligo.

Et eu, o dito Roy Vasques, que presente soo para min et para a dita mina moller et vozes suas et minas asy resçebo o dito aforamiento et obligo a min et a todos beens, mobles et raises, avidos et por aver, et da dita mina moller et vozes, de dar et pagar et as ditas nosas vozes daran et pagaran, de cada ano, as ditas tres fanegas de pan en o dito mes de agosto onde [...] et os ditos quatro capoes çebados por cada dia de Nadal, et cumpliremos et guardaremos as outras cousas et condi et condiçoos (sic)  susoditas. Et eu, o dito Alvaro Lopes, en nome do dito Conde, meu senor, asy vos lo outorgo. Et queremos et outorgamos nos as sobreditas partes que qualquer de nos que asy o non teber et comprir et gardar que perga et pague por pena dous mill maravedis vellos a a parte que o teber, conprir et guardar, et a dita pena pagada ou non pagada, huna vez ou mays, todavia esta carta de aforamiento et as cousas en ella contyudas fiquen fyrmes et vallan durante o tempo do dito aforamiento.

Que foy feyta et outorgada en Villamayor de Ulloa, ano, dia et mes susoditos.

Presentes a elo por testigos chamados et rogados: Afonso Garcia d’Albaa, et Gomes Sanso, et Fernan Varela o moço, fillo de Fernan Varela da Ponte a Canpana o vello, et Fernando Rodrigues, et Juan de Peraredo, fillo do dito Roy Vasques, et outros.

Eu Jacome Rodrigues de Pedraça, escripbano del Rey nuestro senor et seu notario publico en a sua Corte et en todos los seus reignos et senorios et notario publico en a merindade de Monterroso et sua jurdiçion por lo mangnifico senor don Sancho de Ulloa, Conde de Monterrey, meu senor, et senor da dita merindade, terras et jurdiçion dela, a o otorgamiento desta sobredita carta de aforamiento en un con hos sobreditos testigos presente foy, et de otorgamiento do dito Alvaro Lopes de Vilouris con mina mao a escripvi en este pargamino de coyro, et aqui meu nome et sygno puse en testimonio de verdade que a tal he. Vay escripto entre rengoos onde dise avedes non le enpeesça que asy ha de diser et eu o dito notario o mendey.

Jacome Rodrigues, notario (signo).