GMH/ÍNDICE A-Z

1008
1426, novembro, 3. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Afonso de Castro, á súa muller e a unha voz unha casa e cortiña en Lugo por cinco e catro marabedís anuais, respectivamente.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 151 v.

Saban quantos esta carta de aforamento viren como nos as persoas coengos benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por canpaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, et veendo et entendendo que he noso proveyto et de nosos suçesores, et de consintimento et outorgamento de Rodrigo Afonso, juys, amistrador do mes de janeyro, et de Lopo Ferrnandes, coengo, rendeyro dos aniversarios da iglesia de Lugo, que estan presentes et outorgantes, damos aforo et avervo a vos don Afonso de Castro, et a vosa muller, dona Maria, et a outra persoa qual o pustremeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de seu finamento, huna cortina, que iaz en esta çiudade de Lugo, que he da dita amistraçon de janeyro, et ias açerca do muro da dita çiudade, et topa de huna yllarga en as casas en que vos, o dito don Afonso, ora morades, et da outra yllarga en as barreiras do Castelo de Lugo, et de fronte topa en a antigoa das Cortinas de San Romao; et tanben vos damos et aforamos a vos et a a dita vosa muller et persoa, a casa et forno con sua camara que esta junto con as ditas casas en que morades, que cobreu et reparou Juan de Laredo, que son dos aniversarios da dita iglesia de Lugo; a qual dita cortina et casa et forno et camara con seu saydo son sub signo da Capela de Santiago desta çiudade de Lugo, et as quaes vos aforamos con todas suas entradas et seydas et jures et dereyturas et pertenenças segundo a nos perteesçe, a a tal pleito et condiçon que vos, o dito don Afonso, et vosa muller et persoa que suçeder en o dito foro tenades labrada et çerrada et ben reparada a dita cortina, et a dita casa et forno con sua camara feyta et cuberta et portada et ben reparada; et dedes et paguedes de foro et penson de cada ano, a aquel que for amistrador da dita amistraçon de janeyro, por la dita cortina quatro maravedis de moneda vella et de longos, de dez dineiros novees cada moravedi, por dia de Natal, et dedes por la dita casa et forno et camara de foro cada ano, a o rendeyro et moordomo dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, çinquo moravedis da dita moneda et de longos, et que os dedes et pagedes de cada ano por dia de Natal sen exçepçon et contradiçon alguna, et con condiçon que a pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro seia tiuda et obligada de viir reçeber o dito foro do dito cabidoo et mostrar como he persoa et foreyra del do dia que en el suçeder por persoa ata trinta dias primeyros seguentes, et non no comprindo asi que por ese mesmo feyto perga o dito foro.

Et eu, o dito don Afonso, que presente estou asy reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, que me fasedes da dita cortina et casa et camara con seu saydo por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus bees et da dita mina muller et persoa de o comprir et pagar et atender en todo segundo et en a maneyra que dita he. Et nos as persoas et benefiçiados do dito cabidoo asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia certo nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso scripto que fesese desto duas cartas anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito don Afonso, et vosa muller et persoa, et a outra que a lançase en o libro do dito cabidoo et as signase de seu signal.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, tres dias do mes de novembro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et seys anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre de Lugo; et Lopo Dias, mestrescola; et Rodrigo Afonso, juys; et Pedro Ferrnandes de Tendilla, thesoreyro; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Juan Diaz, Nuno Gomes, Afonso da Bayla, Juan Ruys, coengos; Fernan Ferrnandes, Fernan Yanes, raçoeyros, et outros.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).
Pedro Fernandes, notario.