GMH/ÍNDICE A-Z

801
1379, xullo, 25
Maior Estévez dóalle ao seu pai, Estevo Eanes, todas as súas propiedades na freguesía de Coe.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 33v, incluída en: 1381-X-8, (CD n.º 843).

Era de mill et quatroçentos et des et sete annos, viinte et çinquo dias de julio.

Sabeam todos que eu Mayor Estevees filla de Estevoo Yanes, çapateyro morador en Lugo, et de sua muller, Maria Peres [...] moso que foy, por min et por toda minna vos dou en doaçon para senpre asy commo doaçon mellor poder seer et de dereyto mays valer entre vivos a vos o dito Estevoo Yanes, meu padre, todos los herdamentos et casas et chantados que eu ey et me perteesçen enna figresia de Coe, onde quer que vaan, a montes et a fontes, et renuncio toda esçepçon que nunca ende diga o contrario, et a esçepçon de ninguno et de [...]redue. Et esta doaçon vos faço por quanto sodes meu padre et me criastes et avedes mester a dita herdade para voso manteemento, et porque me pras et he minna voontade, et d’aqui endeante façades dos ditos herdamentos, casas et chantados toda vosa voontade para senpre asy commo vosa cousa propia, et prometo de non viir contra esta doaçon que vos faço por min nen por outro em juyso nen fora del por juramento que ende faço a os santos evangelios, et sub penna de mill moravedis desta moneda usual que peyte eu ou minna vos ou a vosa vos por penna se vos contra ello veer, et a penna pagada ou non esta doaçon fique firme et valla para senpre.

Testemoyas: Afonso Parente et Johan Yanes, peliteyros, moradores en Lugo; Gomes Gonçalves et Pedro Garçia, scripvaes.

Eu Lopo Afonso, notario publico de Santiago jurado, presente fuy et fis scripvir et meu nome et signal commo testemoyo de verdade. Et he a saber que a as primeyras nove vias van vervos sobrepostos que disen moneda usual, et non seia força que foy erro do scripvan.