GMH/ÍNDICE A-Z

184
1329, novembro, 16
foro

Lopo Rodríguez de Sabadelle, escudeiro, afóralle á súa nai, Aldonza Rodríguez, só en vida, o seu quiñón na cortiña de Sabadelle, por unha fanega de centeo.

ACOu, Escrituras X, 9

Sabeam quantos esta carta viren que eu Lopo Rodrigues escudeiro de Sabadelle, fillo de Rodrigo Aras cavaleyro que foy desse lugar, dou e outorgo a foro a vos a Aldonça Rodrigues mina madre en toda vossa vida tan solamente e non mays, todo o quinon, voz e dereito que eu aio e me perteençe na cortina de Sabadelle, a qual está ontrela casa que foy de Rodrigo Aras e a cortiña de Pero Eanes de Casdalvyto, e parte pela cortiña de Roy Peres meu yrmao, et parte pela congostra por que van aa fonte. Que vos e vossa voz tenades todo o quinon, voz e dereito que eu aio e me perteençe na cortina sobre dita tan ben de conpra commo de parte do dito meu padre e doutra parte qual quer en toda vossa vida, e lavredes e paredes ela ben e aiades todalas novidades, foytos e proes que deus y der de dizimo a deus e livres e quites de todo outro enbargo. Et diades ende a min de foro cada anno unna fanega de çenteo. Et outorgo anparar vos e vossa voz a dereito con este afforamento en vossa vida por min e por todos meus beens. Et a vossa morte este afforamento sobre dito fique a min e a miña voz livre e quite de todo enbargo. Et para lavrar e conprir e aguardar commo dito he, eu Aldonça Rodrigues sobre dita obrigo min e todos meus beens. Feyta a carta no moesteiro de San Pero de Rocas, xvi dias do mes de novenbro, en era de mill e ccclxvii annos. Testemoyas Johan Fernandes de val d’Osseyra e Lourenço Domingues omme de don Johan Eanes prior do moesteiro de San Pero de Rocas e Affonso Gomez homme do dito prior.

Et eu Affonso Eanes notario publico en terra d’Aguiar por nosso señor ho arçibispo e pola ygleia de Santiago que a esto presente foy e o escrivi e meu signal y puge.

(sinal)