GMH/ÍNDICE A-Z

E2-31
1435, xuño, 20
O Concello outorga poder ao rexedor Álvaro Afonso para conseguir os pesos e medidas ordenados polo rei e obter información sobre a ponte e sobre o portádego do Castelo de Alva ou calquera outra de interese para a cidade. (fol. 13v)

Procuraçon que deu o conçello Alvaro Afonso rejedor.

Anno domini Mº CCCC XXX V, a XX dias de juyo, Garçia Dias d’Espinosa et Loys Gonçalves et Estevo Fernandes e Gomes de Chantada rejedores, Afonso Ares procurador do conçello da dita çidade, Afonso Anriques e Pero Fernandes de Porçomillos juises da dita çidade, por sy et en nomme do dito conçello deron et
outorgaron (todo)* poder conprido jeeral et abastante por sy et en nomme do dito conçello Alvaro Afonso rejedor da dita çidade, para que en nomme do dito conçello et seu delles posa procurar e demandar as varas e pesos e medidas que noso señor el rey manda poer en seu reyno e sacarlas et outrosy que posa presentar e presente qual quer ou quaes quer petiçon et enformaçon a noso señor el rey sobre la ponte d’Ourense et sobre lo portalgo do castelo d’Alva et sobre outras quaes quer cousas e pleytos ao dito nagoçio perteesçentes (etç.)* con tanto que seja en proveyto do dito conçello etç. et obrigaron seus beens etç. Tests. Alvaro Çide notario, Gonçalvo Yanes boon cristaao et Garçia Fernandes de Cobreyros e Gonçalvo Nunes de Meende. (fol. 13v)