GMH/ÍNDICE A-Z

725
1372, setembro, 28. Gresufe
Avinza entre o bispo de Lugo e a súa igrexa e os veciños do couto de Atán, sobre herdades, viñas e unha pesqueira de anguías, que estes levaban irregularmente. Os veciños recoñecen a súa falta de dereitos e o bispo concédelles en foro as propiedades do devandito couto por renda da cuarta parte do pan e terzo do viño; das herdades que labren de novo darán a cuarta do pan e do viño.
MADRID, pan style="font-style: italic;">AHN, Cód. 417 Bpan>, fol. 98v-99r.

Sabeam quantos esta carta virem commo sobre contenda que era entre o moyto onrrado padre et sennor don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, por sy et en nome de sua iglesia, da huna parte, et Estevoo Peres, clerigo, capelan de Sayoane da Cova, et Fernan Peres, iuys d’Atan, et Fernan Peres de Roças, et Fernan Gonçalves, fillo de Gonçalvo Martines, et Fernan Eanes de Cabo de Vila, et Iohan Martines, et Françisco Rodrigues, et Pedro Eanes de Sayoane, et Affonso Fernandes, cellareyro, et Pedro Eanes, clerigo, et Domingo Martines d’Outeyro, et Fernan Eanes d’Albarde, et Iohan da Millara, et Iohan Peres de Saamir, et Gonçalvo Peres de Çima d’Atan, et Iohan Peres, yrmao de Estevoo Peres, et Iohan Arieiro, et Iohan da Fonte, et Gonçalvo d’Outeyro, clerigo, moradores en Atan, da outra parte, sobre rason das herdades et vinnas deçimeyras et do anguieyro, et todas las outras que iasen enno dito couto d’Atan, disendo o dito sennor obispo que as ditas herdades et vinas do anguieyro et todas las outras cousas, que iasen enno dito couto d’Atan, que eran et son suas et de sua iglesia et non d’outro algun, et lle perteesçen todas por quanto foron dadas et outorgadas en gracia et merçee et esmonla a a dita sua iglesia dos reys que foron de Castella et de Leon, et do arçidiago don Domando, primeyro fondador que foy do dito couto, et dous outros cuio o dito couto era, et que poder avia de o dar a a dita iglesia, segundo mostrou por privillegios et cartas que delo tinna d’aqueles que o dito couto d’Atan et herdades et vinnas et sennorio del deron a a dita sua iglesia, segundo dito he, et que frontava et desia et protestava a os sobreditos moradores en Atan que tragian as ditas herdades et vinnas desimeyras et enno anguieyro, que llas leyxasen et desenbargassen para sy et para sua iglesia, para as el poder dar a quen as lavrasse et lle recudissen con as rendas et dereyturas dellas. Et outrossy que lle dessen os novos et froytos que dellas levaran ata aqui, que estimou a vallia dellas a quinentas veses mil maravedis da moneda del rey don Affonso, et non no querendo assy faser que protestaba sobrelles et de cobrar et aver delles et de qualquer deles a estimaçon sobredita, et demays as custas et danos que el et sua iglesia d’aqui adeante sobrelo feseren; et os sobreditos moradores en Atan de juso nomeados disendo que elles et seus padres et anteçessores, que foron moradores enno dito couto d’Atan, que usaran et trouxeran senpre as ditas herdades desimeiras et do anguieyro coydando que eran suas et porque lles nunca foran demandadas. Et o dito sennor obispo disendo que eran da dita iglesia et del en seu nome, et eles que as trouxeran, et as outras do dito couto, por la dita sua iglesia commo tragedores de quanto a dita iglesia avia enno dito couto, et por esta rason que non poderan presquibir nen podian contra el, nen contra sua iglesia, commo aquelles que senpre foran et eran tragedores de todas las herdades et vinnas et dereyturas que a dita sua iglesia avia enno dito cotuo. Et logo estas partes de seu praser et por quitamento de iuyzo et de escandolo et de dampno, que se delo podia seguir, aveeronsse en esta maneyra: conven a saber que os sobreditos Estevoo Peres, et Fernan Peres, et Fernan Eanes de Roças, et Fernan Gonçalves, et Fernan Eanes de Cabo de Vila, et Iohan Martines, et Françisco Rodrigues, et Pedro Eanes de Sayoane, et Affonso Fernandes, cullareyro, et Pedro Eanes, clerigo, et Domingo Martines d’Outeyro, et Gonçalvo d’Outeyro, et Fernan Eanes d’Albarde, et Iohan da Fonte, et Gonçalvo d’Outeyro, clerigo, todos por sy et por suas mulleres porque obligaron a faser, et por toda sua vos, disseron que elles veendo et entendendo que era assy commo o dito sennor obispo desia que davan et outorogavan et leyxavan a o dito sennor obispo, et a a dita sua iglesia, d’aqui adeante para sempre iamays todas las ditas herdades et vinnas desimeyras et do dito lugar do anguieyro, que eles trouxeron et usaron ata aqui, et que enno couto d’Atan avian, de que non deran renda nen foro a o dito sennor obispo et a a dita sua iglesia, et poynan logo a o dito sennor obispo et a a dita sua iglesia enno iur et possisson et propiedade das ditas herdades et vinnas et tiravan ende a sy et a sua vos et disian et confessavan que se d’aqui adeante, elles et suas mulleres et sua vos delles et de qualquer delles, lavrassen et possuyssen as ditas herdades et vinnas, que as lavrassen et possuyssen por lo dito sennor obispo et por sua iglesia precario. Et o dito sennor obispo en nome de sy et de sua iglesia disso que assy reçebia as ditas herdades et vinnas para sy et para a dita sua iglesia, et a propiedade et iur et possisson delas, et por faser merçee a os sobreditos, de suso nomeados, disso que lles quitava todos los novos que das ditas herdades et vinnas levaran ata aqui, et demays que lle dava a elles et a suas mulleres et a toda sua vos delles et de qualquer delles, aforo et avervo as ditas herdades do anguieyro et desimeyras, que elles leyxaran et desenbargaran a el et a a dita sua iglesia, segundo dito he, a a tal condiçon que o dito Estevoo Peres, clerigo, et Rodrigo Estevees, seu criado, et todos los outros sobreditos nomeados et suas mulleres, que ora teen, lavren et paren ben as ditas herdades et vinnas et lles den aquelas lavores que lles feseren mester en guisa que se non perçan con mingoa de lavor et de sarradura, et que en toda sua vida non den a o dito sennor obispo, nen a sua iglesia, nen a seus subçessores, renda nen foro algun das ditas herdades et vinnas, et a finamento dos sobreditos et de suas mulleres, que ora teen segundo dito he, et de qualquer delles, que suas voses et herdeyros, que despois delles ficaren, et toda sua vos delles et de qualquer delles tennan as ditas herdades et vinnas a foro et a vervo, con tal condiçon que as lavren et paren ben et lles den aquelles lavores que lles feseren mester, et den de cada anno a el et a sua iglesia et a seus subçesores a quarta parte do pan et a terça parte do vinno, que Deus der ennas ditas herdades et vinnas, o pan enna ayra et o vinno a a bica do lagar, a o moordomo que andar enno seu dito couto d’Atan, et das herdades que tiraren de monte et das vinnas que feseren de novo que den, a o dito sennor obispo et a sua iglesia et a seus subçesores, a quarta parte do pan et do vinno, que Deus en elas der, de cada anno enna maneyra que dita he. Et os sobreditos de suso escriptos et nomeados por sy et por suas mulleres, que ora teen, et por toda sua vos, assy reçeberon do dito sennor obispo a dita merçee et foro que lles fes das ditas herdades et vinnas, et obligaron sy et seys bees, movilles et rayses, gaanados et por gaanar, et de toda sua vos et de qualquer delles, de compliren et guardaren et atenderen todo o que sobredito he, et de non yren nen pasaren contra ello, nen contra parte dello en nihun tempo que seia, por sy nen por outros en seu nome, en iuyso nen fora, et se o quisseren faser, ou tentassen de o faser qualquer delles, que lles non valuesse nen fossen sobrelo oudos, et qual delles que o fesesse, ou quissesse faser en alguna maneyra que seia, que perça de penna a o dito sennor obispo et a sua iglesia et a seus subçessores mill moroavedis da moneda del rey don Affonso, et a penna pagada ou non que o dito foro et contracto et todas las cousas en el contiudas fiquen firmes et valledeyras. Et demays que o dito sennor obispo et seus subçessores podessen reçeber o foro et as herdades et vinnas delles a aquel ou aquelles que contra o que de suso dito he quiseren yr ou passar, et darlas a quen quiser et sua merçee for sen enbargo algun. Et o dito sennor obispo assy outorgou et reçebeu todo, o que dito he, por sy et por sua iglesia et por seus subçessores, et obligou os bees da dita sua iglesia por estar a ello.

Et desto en commo passou o dito sennor obispo, por sy et en nome da dita sua iglesia, et os sobreditos de susso nomeados et moradores enno dito couto d’Atan, por sy et por todas suas voses, rogaron et pediron a min Arias Peres, raçoeyro et notario publico de Lugo et enna audiençia do dito sennor obispo, que fesesse desto dous publicos instromentos, ou mays se fesessen mester, para o dito sennor obispo et para a dita sua iglesia, et para os ditos moradores eno dito couto d’Atan et para suas voses.

Feyto fuy esto en Grisulfe, viinte et oyto dias de setembre, era de mill et quatroçentos et des annos.

Testemoyas que para esto foron chamadas et rogadas: Lopo Eanes, coengo de Lugo; Rodrigo Eanes de Burela; Vaasco Peres, algasil; Goçalvo Peres, Pedro Fernandes do Cavallo, seu fillo; Gonçalvo Fernandes de Eyree; Affonso Eanes, Vaasco Gomes,

Ruy Vasques, escudeyros do dito sennor obispo; Affonso Eanes, clerigo de Santa Maria de Ferreyra; Pedro Fernandes de Deral, clerigo de Santa Maria Alta.

Et eu Arias Peres, raçoeyro et notario publico sobredito, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade.

Materias

alguacil; anguía; arcediago; arquivo; audiencia diocesana; avinza; cabido; cabido; canon foral; capelán; celeireiro; cóengo; concello; couto; crego; crego; criado; débeda; décimos; doazón; eira; escudeiro; estivada; familia; fidalgo; fillo; fisco; freguesía; gran; irmán; labores; labrego; lagar; lei; marabedí; mesa bispal; montes; mordomo; muller; notario; obrigación; pai; pan; párroco; peixe; pena; pesqueira; preito; prezo; privilexio; querela; racioneiro; rei; rei; señorío; tributos; valoración; veciñanza; viña; viño; xuíz; xurisdición; bispo

Persoas

Afonso Eanes, crego; Afonso Eanes, escudeiro; Afonso Fernández, celeireiro; Afonso XI, rei de León e Castela; Ares Pérez, racioneiro de Lugo; Domingos Martínez de Outeiro; don Domando, arcediago en Lugo; Estevo Pérez, crego; Fernando Eanes de Albarde; Fernando Eanes de Cabo de Vila; Fernando González; Fernando Pérez de Rozas; Fernando Pérez, xuíz de Atán; Francisco Rodríguez; Gonzalo do Outeiro, crego; Gonzalo Fernández de Eiré; Gonzalo Martínez; Gonzalo Pérez; Gonzalo Pérez de Cima de Atán; Lopo Eanes, cóengo de Lugo; Pedro Eanes de Seoane; Pedro Eanes, crego; Pedro Fernández do Cabalo; Pedro Fernández do Deral, crego; Roi Eanes de Burela; Roi Estevez, criado de Estevo Pérez; Roi Vázquez, escudeiro; Vasco Gómez, escudeiro; Vasco Pérez, alguacil; Xoán de Millara; Xoán Martínez; Xoán Pérez de Samir; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo

Outros

Atán, couto; Castela, reino; Lugo, cabido; Lugo, bispado

Lugares

Albarde; Alta, Santa María; Anguieiro, viñas; Atán, Santo Estevo; Burela, Santa María; Cabo de Vila, casal; Castela, reino; Cova, San Xoán; Eiré, San Xulián; Ferreira de Pantón, Santa María; Fiz de Rozas, San Lourenzo; Gresulfe; León, reino; Lugo; Míllara, A; Outeiro; Roma; Rozas; Saamir; Veral, San Vicente