GMH/ÍNDICE A-Z

154
1325, xaneiro, 16
pan style="font-weight: bold; ">foropan>

O cabido afóralles a dúas voces a Fernando Oárez e á súa muller, María Xirona, moradores na Merca, o casal chamado de Pedro Touceira, en Suameixe, por terza (cuarta do que plante de novo durante dous anos), un carneiro con 3 mrs. de pan branco e un almude de viño por San Xoán, e unha porcalla e outro tanto de pan e viño por Nadal.

ACOu, pan style="font-style: italic;">Escrituraspan> XIII, 45

Sabbeam quantos esta carta virem que eu Vaasco Peres deam de Ourense e o cabidoo desse lugar aforamos a vos Fernan Oarez morador em Merca e a vossa moller Maria Girona e a duas vozes apus vossa morte danbos quaes vos nomeardes a vosas mortes, o nosso casar que nos avemos em Suameyxe, ao qual casar chaman de Pero Touçeyra. Aforamosvos o dito casar por tal condiçon que vos e as ditas vozes o lavredes e paredes bem em maneira que nom defalesca por mingoa de lavor e de boon paramento, et dedes ende cada ano ao dito cabidoo en salvo ou a aquel que tever a renda de Merca polo cabidoo a terça parte de todo froyto que deus en el der, salvo do lavor que derreygardes de novo, que dedes a quarta parte nos primeiros dous anos e des aly endeante que dedes terça. Et nom devedes coller os froytos dos ditos herdamentos sem mandado do dito cabidoo ou de seu moordomo ou daquel que tever a dita renda e sem seu ome, ao qual devedes aprouveer cumunalmente de comer e de bever mentre y estever a coller os froytos dos ditos herdamentos. Et dedes cada anno ao dito cabidoo ou ao que tever a dita renda por Sayoane huun carneiro boon e tres mor. de portugueses doyto en soldo o mor. em pam branco e huun almude de boon viño. Et por Natal dardes huna porcalla boa e outros tres mor. de portugueses doyto en soldo o mor. de pam branco e huun almude de boon viño. Et por estas dereituras devedes a aver hu viren que e guisado em essa herdade tres çelamiins de semente para nabal, e desto nom dardes foro. Et vos e as ditas vozes que seiades vassalos do cabidoo sobredito boons e obedientes. Et se quiserdes vender ou deytar ou enpeñorar o dito casar ou parte del no dito tenpo que o vendades ou deytedes ou enpeñoredes ante ao dito cabidoo ca a outre pollo justo preço, et se o el nom quiser reçeber vendudo ou deytado ou enpeñorado entom o vendede ou deytade ou enpeñorade a atal ome que seia semellavil de vos e que cunpla e agoarde o dito foro en paz e en salvo commo dito he. Et se recreçer contenda entre vos ou vossas vozes e o dito cabidoo sobrelo dito casar ou sobre parte del que se termine por dous ommees boons do dito cabidoo tomados sem suspeyta a prazer das partes sem outra apelaçon. Et se as condiçoens da dita carta nom foren agoardadas em todo commo dito he que o dito cabidoo possa tomar o dito casar por sua outoridade assy commo o achar se quiser. Et desto as ditas partes pidirom a min o dito chançeler que lles desse desto senllas cartas partidas por .a.b.c. Et eu dey ende esta ao dito cabidoo. Feyta a carta em Ourense, dez e seys dias de janeiro, era de mill e trezentos e sesseenta e tres annos. Testimunyas que a esto chamadas e rogadas presentes foron Johan Giraldez e Payo Ar(es co)engos d’Ourense, Migueel Perez notario, Fernan Perez de Couçada capelam, Johan Domingues sancristhan da Triindade, clerigos do coro e Lourenço scrivan omme d’Afonso Viviaez.

Et eu Affonsso Viviaez coengo d’Ourense e chançeler dessa cidade que a estas cousas presente foy e por mandado dos ditos dean e cabidoo em mia presença as fige escrivir e meu sinal y puge en testemuyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Litera capituli

de Suameyxe.