GMH/ÍNDICE A-Z

400
1376, maio, 14
pan style="font-weight: bold; ">testamentopan>

Testamento de Xoán Martínez, mestrescola.

ACOu, pan style="font-style: italic;">Escrituraspan> XXI, 21

Estas som as devedas que a min Johan Martines meestrescola d’Ourense deven de que eu soon acordado, sen o que me deven no meestre escoladigo: Primeiramente me deve sobre huna çinta pregada de prata dusentos e oyto mrs. Iten me deve Juça de Castro por huun estoque gardydo de prata seysçentos mrs. Iten me deve Costança Yanes moller de Johan Lourenço yrmao de Ruy Lourenço por hunas doas dez mrs. Iten me deve Alvar Nunez de Leborin sobre hunas reliquias çinqoeenta mrs. Iten me deve Pero Meendez de Noalla duzentos mrs. Iten me deve Domingo Yanes mercador oytoçentas e çinqoeenta barbudas, et eu aio del huna taça de nove onças e media de prata e mays çinqoeenta mrs. por que me Alvar Nunez de Leborin poso as ditas suas reliquias. Iten me deve Johan Ares juys d’Ourense viinte e duas fanegas de çenteo. Iten me deve Martin Anes de Gordon por huun atado de prata e por huna grilanda con canudos seseenta e quatro mrs. Iten me deve Peruxa escudeiro de Pero Sarmento çinqoeenta e oyto mrs. que levou de viño et triinta e seys fanegas de millo e de çenteo. Iten me ficou este Peruxa que me acadasse de Gomez Peres de Routes oyteenta e çinqo mrs. Iten me deve Vaasco Corvacho coengo d’Ourense çen mrs. Iten me ten Juça de Castro huna taça pequena branca por qoreenta mrs. Iten me deve Gonçalvo Peres estrabeyro seteenta e çinqo brancas et qtolle as triinta e çinqo e que page as qoreenta. Iten me deve Ruy Gomez do Tendal da Figeyra por huun çerame de viado dez e seis mrs. Iten me deve Gonçalvo Peres reytor da ygleia de Santa Mariña d’Agoas Santas triinta mrs. Iten me deve Johan Martines de Codeiro duas loytosas que recadou por min do moordomadigo de Codeiro que eu tive este anno ou mays ses mays acharen que som. Iten me deve Alvaro Sanches des libras de brancos et he fiador delas Martin Anes de Gordom. Iten me deve Gonçalvo de Noalla huna fanega e media de triigo.Iten devo eu o dito meestrescola das rendas do bispo de Codeiro e de Juvencos deste anno que ora anda mill e çento e çinqoeenta mrs., os quaes asigno que os aja por huna cuba de viño que teño na adega de Iohan Pardo e de sua moller Toda Peres, et o que y ouver mays que fique para conprir o meu testamento. Iten devo ao arçidiago de Caldellas duzentas e oyteenta barbudas, et mando que llos paguen daquelo que deve Domingo Yanes mercador. Iten devo ao dito Johan Pardo dez e oyto mrs. das cubas e do sesego de çeleyro et o al tenollo pagado.

Enno nomme de deus padre e fillo e espiritu santo que som tres pesoas e huun deus verdadeiro amen. Sabean quantos esta carta de testamento virem que eu Johan Martines meestrescola da igleia d’Ourense jasendo doente de ynfirmydade, pero con todo meu entendemento conprido, qual deus tevo por ben de me dar, faço miña manda e meu testamento valedeiro para senpre en esta maneira: Primeiramente mando a miña alma a deus e a sua madre virgeen Santa Maria et peçolles moyto omildosamente que ma queira resçeber enno seu regno. Et mando enterrar meu corpo enna caustra de Sam Martiño en hun moymento que y se ontre as abssias de Sam Martiño e de Santa Oufemea que ten figurado armas de Rodeiro. Iten mando que leven conmigo en oferta dous cantaros de viño et dous quistelos de pan branco. Iten mando rezar por miña alma en quanto estever en casa viinte salteyros e dez sobrela cova. Iten mando que me digan o dia que me enterraren huun triintenario de miinssas. Iten mando para onrra de miña sopoltura çinqoeenta libras de çera et que façan dela çinqoeenta candeas ou mais as que viren que conpre. Iten mando aas pessoas e coengos da igleia d’Ourense que foren presentes en miña sopoltura e me fezeren onrra e me ajudaren a sacar da pousada sigundo que me deven sacar çen mrs. Iten mando aos clerigos do coro da dita igleia triinta mrs. aos que foren presentes en miña sopoltura que me façan huna vegilia e me digan huna miinsa cantada de requien por miña alma.

Iten mando para o lume das lanpaas de San Martiño e de Santa Oufemea e de Santa Maria a Madre et de Santa Maria Madalena e de Santa Triidade e de Santa Maria do Pussio e de San Françisco e de Santa Maria do Porto e de Santa Maria de Lamela e de Santa Maria de Reça e da crus de Santa Oufemea quatro dineiros a cada huna. Iten mando aos raçoeiros de Sam Lazaro para huna pitança dez mrs. Iten aos tavoeyros çinqo mrs. Iten mando aos capelaos de Santa Oufemea doze mrs. e que me aian emente en sua oraçon e vaan sobre miña sopoltura con agoa sagrada ata as seys somanas. Iten mando aa demanda de Sam Iohan d’Acre dez mrs. Iten mando aos frayres de San Françisco que me veñan fazer onrra et digan por miña alma enna igleia de Sam Martiño ata sete dias huna miinsa cantada cada dia e vaan sobre miña sopoltura cada dia ennos ditos sete dias con agoa sagrada, duzentos mrs. Iten mando que me ofrenden ata huun anno cada dia quatro dineiros en pan e en viño. Iten mando que meu heree e conpridor provea miña sopoltura de todas las outras cousas que entender e vir que conpren. Iten mando a Pero Lourenço de Veiga clerigo a miña garbacha et todas las devedas que me deven enno meestrescoladigo do tenpo passado ata agora. Iten lle mando mays a meatade do meu meestrescoladigo que me ha de render ata huun anno e dia con a meatade dos vodos do meu prestamo do Chao de Castela. Iten mando por loytosa do bispo o meu roçin de sela. Iten mando a Afonso Fernandes sancristan e a Martin Anes e Afonso Martines et a Roy Capelo clerigos do coro viinte mrs. et elles que teñan por ben de me levar e de me vestir. Iten mando que me vistan commo manda frey Johan Fernandes e en çima desto huna sobrepeliça et a miña vestimenta que aqui teño. Pero que mando que me tiren a vestimenta quando me ouveren de meter no moymento et que a poñan no tesouro para dizeren con ela as miinsas os cardeaas enno altar de Sam Martiño. Iten mando a miña taça grande de dous marcos e seys onças de prata dourada que de min ten o arçidiago de Castella dom Iohan Fernandes enprestada para huun calez con que se digan as miinssas enno altar de Sam Martiño. Et rogo e encomendo ao dean e omes boons do cabidoo da dita igleia que lle demanden esta taça e façan fazer dela o dito calez, et se o dito arçidiago demanda outra taça branca pequena que eu del teño pague çento e qoreenta e sete mrs. que me deve por ela et denlla. Iten mando a Pero meu omme o meu albardo. Iten lle mando mais çen mrs. dos diñeiros que me deve Gonçalvo Martines alfagime e Gomes Eanes escripvan. Iten mando a Gil meu omme a miña (azcuma/azetua?) de Lisboa ancha e çen mrs. para huna saya. Iten mando a Fernan Lourenço meu omme oyto fanegas de çenteo que me deve Martin Anes de Gordom e quatro fanegas de millo que me deve Lopo Galego. Iten mando a Johan Caldelas por serviço que me fezo duas varas de picote para huna saya. Iten mando a Tereygiña des mrs. Iten mando a Costança Yanes miña serventa o meu tabardo e toda utenssilya de casa e voontades e pan e carne e pannos de cama que estan en esta pousada, salvo a miña cama que he do cabidoo, et sacando ende huun par de mantees que mando aos lazerados. Iten mando a Fernando Clerigo o meu saquillo et quitolle o que me deve do titolo da igleia d’Armental que por el pagey et que lle den seu titolo. Iten mando a Afonso Fernandes coengo d’Ourense o meu manton con seu capeyrote. Iten mando o meu seelo de prata a Santa Maria do Castro de Caldellas. Iten mando a Lourenço Yanes clerigo de Caldelas çinqoeenta mrs. et rogolle no amor de deus que me perdoe. Iten mando aa moller de Lourenço Peliquin çinqo mrs. et rogolle no amor de deus que me perdoe. Iten mando que den huun cabeçal pequeno de laan que aqui está a Orraca Lorda. Et faço meus herees en todos los outros meus beens que non ey mandados et conpridores deste meu testamento a Afonso Fernandes coengo d’Ourense e Martin Peres jubeteiro morador na rua da Pixotaria, et a cada huun delles que o cunpran porlo meu e sen seu dagno, et o testamento conprido et pagadas miñas devedas e mandas, se alguna cousa remaneçer encarrego suas conçiençias que façan ben por deus a Johanne meu criado fillo de Costança Yanes se viver. Et peço por merçee a Pero Ruyz Sarmento endeantado mayor en Galisa (...) Martines seu moordomo que lles veña a mente alguun serviço se llelo ey feito e que defendam e anparen estes meus conpridores e herees por que se cunpra esto que eu mando en este meu testamento. Et este dou e outorgo por meu testamento e por miña postrimeira voontade valedeiro para senpre. Et se non valuer commo testamento mando que valla commo codiçilo ou commo outra escriptura publica feita por mao de notario. Et se outro testamento ou testamentos, codiçilo ou codiçilos, manda o mandas aio feytas ante deste, revocoos e doos por nenhuuns et mando que non vallan nen aian firmedume, salvo este que agora faço por Martin Gonçalves notario publico d’Ourense, que dou e outorgo por meu testamento e por miña pustimeira voontade valedeira para senpre. Et quen quer da miña parte ou da estraya que contra este meu testamento e mina pustrimeira voontade veer en parte ou en todo aja a yra de deus e a miña maldiçon et demais que peyte a meus herees e conpridores mill mrs. da boa moeda et aa vos del rey outros tantos, et se lle alguna cousa en este meu testamento ey mandado que o non aia. Et a dita penna pagada ou non, quero e outorgo que este meu testamento e mina postrimeira voontade fique firme e valla para senpre. Feito o testamento en Ourense, qatorse dias do mes de mayo, era de mill e qatroçentos e qatorse annos. Tests. que a esto presentes foron espeçialmente chamadadas e rogadas Rodrigo Alvares e Pero Enrriques e Martin de Montes coengos d’Ourense, Fernan Lourenço e Gil omes do dito mestrescola e Garçia Paez omme do arçidiago de Caldelas e Gonçalvo Oureiro escripvan moradores en Ourense.

Et eu Martin Gonçalvez publico notario d’Ourense por lo bispo e porla ygleia desse lugar que a esto presente foy e esta carta de testamento en miña presença a fiz escrivyr et por mandado e outoridade de Garçia Diaz coengo na igleia d’Ourense et chançeller dessa çibdade meu nomme e meu signal aqui fiz en testimonyo de verdade que he tal.

(sinal)

Et eu Garçia Diaz coengo et chançeller sobre dito por quanto era occuppado doutros negoçios este dito testamento fiz fazer ao dito Martin Gonçalves notario e confirmo et meu nomme et signal aqui fiz en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Testamento de Juan Martines mestrescola.

Materias

adega; adiantado; alimentos; altar; annata; arcediago; armeiro; arreos; barbuda; beneficiado; beneficio; cabaleiro; cabalo; cabido; cáliz; cama; candea; capelán; cardeal; carne; casas; catedral; celeiro; centeo; cera; chanceler; codicilo; cóengo; cóengo; colación; comida; concello; convento; coro; crego; criado; cruz; cumpridor; cuñada; cuñado; cunca; débeda; dignidades; diñeiros; doente; enxoval; escribán; escudeiro; escudo; esmola; esposa; esposo; familia; fianza; fidalgo; fillo; frade; franciscano; gran; heráldica; herdanza; irmán; la; lámpada; leprosaría; liturxia; lutuosa; marabedí; medidas; mercador; mesa bispal; mesa capitular; millo miúdo; misa; mordomado; mordomo; mosteiro; muller; nai; notario; notario capitular; orde de Xerusalén; orde dos Irmáns Menores; orde militar; ornamentos; pagamento; pan; panos; panos; párroco; pena; prata; prateiro; prebenda; prenda; prezo; racioneiro; rei; reliquia; rendeiro; roupa; rúa; sancristán; selo; sepultura; serventa; tenza; tesouro; testamenteiro; testamento; título; tonel; tributos; trigo; viño; voto; xoias; xudeu; xuíz; mestrescola

Persoas

Afonso Fernández, cóengo de Ourense; Afonso Fernández, sancristán; Afonso Martínez, crego do coro de Ourense; Álvaro Núnez de Leborín; Álvaro Sánchez, escudeiro; Constanza Eáns; Constanza Eáns, serventa; Domingos Eáns, mercador; Domingos Eáns, mercador; Fernando Clérigo; Fernando Lourenzo, home de Xoán Martínez; Fernando Lourenzo, home de Xoán Martínez; frei Xoán Fernández, frade; García Díaz, cóengo de Ourense; García Páez, home do arcediago de Caldelas; Gómez Eáns, escribán; Gómez Pérez de Routes; Gonzalo de Noalla; Gonzalo Martínez, armeiro; Gonzalo Oureiro, escribán; Gonzalo Pérez, estrabeiro; Gonzalo Pérez, párroco; Iuzá de Castro; Lopo Galego; Lourenzo Eáns Periquiño; Lourenzo Eáns, crego; Martínez, mordomo; Martiño Eáns de Gordón; Martiño Eáns de Gordón, xuíz de Ourense; Martiño Eáns, crego do coro de Ourense; Martiño González, notario; Martiño Pérez, dito Montes, cóengo de Ourense; Martiño Pérez, mercador; Pedro Lourenzo de Veiga, crego; Pedro Méndez de Noalla; Pedro Ruíz Sarmiento, adiantado en Galicia; Pedro, home de Xoán Martínez; Peroxa, escudeiro; Roi Álvarez, cóengo de Ourense; Roi Capelo, crego do coro de Ourense; Roi Gómez do Tendal da Figueira; Roi Lourenzo; Tareixiña; Toda Pérez; Urraca Lorda; Vasco Pérez Corbacho, cóengo de Ourense; Xil, home de Xoán Martínez; Xoán Ares, xuíz de Ourense; Xoán Caldelas; Xoán Fernández, arcediago de Castela; Xoán Lourenzo; Xoán Martínez de Cudeiro; Xoán Pardo; Xoán, criado; Xoán Martínez, mestrescola de Ourense

Outros

Galicia, reino; Ourense, cabido; Ourense, concello; San Francisco de Ourense, convento; Santísima Trindade de Ourense, abadía; Ourense, bispado

Lugares

Acre; Armental; Augas Santas, Santa Mariña; Caldelas, arcediagado; Castela, arcediagado; Castela. Antiga xurisdición; Castro Caldelas, Santa María; Cudeiro; Galicia; Gordón; Lamela, A, Santa María; Leborín; Lisboa; Noalla; Ourense; Porto, Santa María; Reza, Santa María; Tendal da Figueira; Veiga; Xuvencos, Santa María