GMH/ÍNDICE A-Z

512
1350séc. XIV, segunda metade
pan style="font-weight: bold; ">foropan>

O cabido afóralles a seis voces a Antón Domínguez e á súa muller, Mariña Estévez, os dous terzos do lugar de Fondo de Vila (Gustei) e unha leira de monte, por terza nunha parte, cuarta noutra, os dous terzos de 5 libras por froita e hortaliza, 5 soldos por un capón e dous azumes de viño.

ACOu, pan style="font-style: italic;">Escrituraspan> IV, 4

Sabean quantos esta carta viren commo nos o cabidoo da igleia d’Ourense seendo juntado en nosso cabidoo por canpaa tanjuda segundo que avemos de husso et de custume de nos juntar a faser noso cabidoo por outorgamento e liçeçia de Ares Lourenço coengo enno dita igleia et vigario do dean ennos contrautos do cabidoo et outrosy por consentimento de Diego Fernandes coengo enna dita igleia, teendor por nos o nosso couto de Gostey, damos e outorgamos, aforamos a vos Anton Dominges morador enno Soveral et a vosa moller Marina Esteves et a seys vozes apus la morte do postrimeiro de vos quaes o pustrimeyro de vos nomear en sua vida ou a tenpo do seu finamento et non nas nomeando que seian vozes aquelles que os beens do pustrimeiro \de vos/ herdaren de dereito, et assy vaan as ditas vozes huna pus outra suçesive, conben a saber esto que vos afforamos: as duas terças do casar de Fondo de Vila que jas enna friguisia de Gostey segundo que a nos perteençen con todas suas casas e viñas et herdades et soutos e arvores e cortiñas a montes e a fontes e con todas suas entradas e seydas e con todos seus dereitos et perteenças por tal pleito e condiçon que lavredes et paredes ben as duas terças do dito lugar que vos assy aforamos con as viñas e herdades a el perteençentes en tal maneira que non desfalescan por mingoa de lavor e de boon paramento et dedes ende a nos o dito cabidoo ou ao que por nos tever o dito couto, de todas las herdades e viñas que estan deslo outeyro de Fogoons a çima a terça parte de todo o pan e viño que deus y der, et deslo outeiro de Fogoons a afondo a quarta parte de todo o pan et viño que vos deus y der, et daredes mays por dereytura por la froyta et orteriça as duas terças de çinqo libras et mays çinqo soldos de hun capon et dous açunbres de viño por dia de San Martino. Iten vos aforamos mays huna leyra de monte que jaz a sub o outeyro de Martin Suares commo parte porla rigueira do Couso et por outra viña de vos o dito Anton Domingues, et parte con outra leyra da Aveleda que ten Afonso de Vilarnaz et seu yrmao Rodrigo Anes et porlo camiño que vay do Soveral para S... Damos vos a foro a dita leyra de monte con todas suas entradas e seydas e con todos seus dereitos et perteenças por tal pleito e condiçon que o ponades de viña en estes primeiros seys annos que veen, et el posto de viña que o lavredes e paredes ben en tal maneira que non desffalesca con mingoa de lavor et de boon paramento, et dedes ende a nos o dito cabidoo ou ao que por nos tever o dito couto a quinta parte de todo o viño e conposta et outras cousas que deus en ela der, a conposta enna viña et o viño branco enno lagar, a qual novidade que vos deus der ennas ditas viñas e herdades avedes acoller por nosso mayordomo, ao qual avedes aproveer de comer et de beber cumunalmente segundo husso dessa terra en mentre os ditos froytos collerdes. Et do al que ajades as ditas duas terças partes do dito lugar et leyra de monte de dezimo a deus et livres et quites de todo outro enbargo et encarrego algun. Et he posto que se vos ou vosas vozes que as ditas duas terças do dito lugar et a dita leyra quiserdes vender, deytar ou subpiñorar que primeiramente frontedes con elo a nos o dito cabidoo et nos lo dedes por lo justo preço que vos outro por elo der ante ca outro algun, et non no querendo nos por esse preço reçeber estoçe o vendede, deytade ou subpinorade a atal pesona que seia semelavile de vos que seia tiudo de lavrar et parar ben et pagar et conprir et agardar todas las cousas e condiçoens que en esta carta son contiudas e cada huna delas. Et he aynda posto que non posades faser manda nen poer oniversario porlo dito lugar e cousas sobre ditas a outra igleia nen moesteiro nen santuario algun, salvo a nos o dito cabidoo. Et outrosy he aynda mays posto que se pleito ou contenda recleçer ontre nos o dito cabidoo et vos ou vosas vozes en algun tenpo sobre razon das ditas duas terças do dito lugar et a dita leyra de monte, que se termii o dito pleito e contenda por dous omes boons de nos o dito cabidoo tomados a prazer de nos as ditas partes toda outra apelaçon remota. Et eu o dito Anton Dominguez que soon presente por min e por la dita miña moller que non he presente asy o outorgo e reçebo en min as ditas duas terças do dito lugar et leyra (...)te aforados porla maneira e condiçoens que ditas (...) dita (…).