GMH/ÍNDICE A-Z

1179
1467, setembro, 30 mércores. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Xoán Xira e a dúas voces os casais do lugar de Souto en Gaioso, por renda anual de catro cargas de pan e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 36 r.

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por son de campaa tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia acerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, abido primeyramente noso acordo et madura deliberaçon, entendendo que fazemos noso proveyto et de nosos suçessores aforamos et damos aforo a vos Johan Xira, morador en Souto, que sodes presente, os nosos casares do dito lugar de Souto, que iasen en Goyoso, por vosa vida et de outras duas personas despois de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et outra qual nomear aquella persona que por vos for nomeada, et se non for nomeada que seia persona do dito foro quen herdar vosos beens et asi da segunda persona ou a mayor parte delles, et con condiçon que vos nen as ditas personas non possades nen possan nomear por persona do dito foro a cavaleyro, nen escudeyro, nen home poderoso nen llo dar, et se o nomear ou llo dar que por esse mesmo feyto perga o dito foro. Os quaes ditos casares vos aforamos et damos aforo, segundo dito he, con todas suas casas et cassaas et herdades et arbores et prados et pascos et jures et pertinenças que elles an et deven aver asi de feyto como de dereyto, segundo que elles a nos perteesçen, por lo qual foro avedes de dar, en cada hun ano, quatro carregas de pan por medida dereyta en o dito lugar des dia de Santa Maria de agosto ata dia de Santa Maria de septembre a noso moordomo et colledor das nosas rendas, ou a quen llo nos mandaremos. Et que de aqui ata oyto anos cubrades de lousa, ou de tella, as casas do dito casar que estan levantadas, et levantedes outra casa que ias en casal et a cubrades de palla, et labredes as herdades do dito casar et alavoredes en tal maneyra que se non vaan a monte por mingoa de lavoria, et tenades as ditas casas ben atadas, cubertas et ben reparadas en tal maneyra que non cayan nen se desproven con mingoa de reparo. Et a finamento da postremeyra persona que asi fiquen as herdades alavoriadas et as casas cubertas et reparadas et as casas cubertas et reparadas (sic), libres et desenbargadas a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçessores. Et que cada huna das ditas persoas, que suçederen en o dito foro despus de vos, que do dia que en el suçeder por foreyra fasta trinta dias logo siguentes nos vena mostrar et insinuar como he foreyra do dito foro, sub pena que se o asi non fezer que por esse mesmo feyto perga o dito foro.

Et eu, o dito Johan Xira, asi reçebo o dito foro dos ditos casares de vos, o dito cabidoo, por los modos et maneyras et condiçoes susoditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de complir et gardar et pagar todo o susodito.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello fazer duas cartas de foro por lo notario juso escripto, ambas en hun tenor, huna para vos, o dito Johan Xira, et vosas persoas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores, et por mayor firmeza mandamos seellar con noso seelo pendente a carta de vos, o dito Johan Xira.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo dentro en a dita iglesia et en o lugar sobredito, dia quarta feyra, postremeyro dia do mes de septembre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et sete anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Ruy Lopes, liçençiado, juys; Gomes Vasques, Johan Ares da Tulla, Diego Ferrnandes, Diego Vasques, Johan Ares de Parrega, Rodrigo Afonso, et Pedro Meendes, coengos da dita iglesia; Johan Afonso, clerigo de Calde; et Fernan Peres, ferreyro, morador en Ermunde.