GMH/ÍNDICE A-Z

138

1420, febreiro, 22.
O Concello, cumprindo as Ordenanzas nomea ós seis homes bos, para que en representación da Comunidade e xunto cos Alcaldes, estean presentes no reparto e derramas que se fagan na cidade.
costume.
O Concello ordena a entrega de 2.000 maravedís a Diego López de Toledo pola axuda e boas obras que del recibira.
O Concello ordena se pague a Fernan Ares Xarpa, os maravedís que lle eran debidos dos marcos que pertencían ó Rei na cidade que o antedito Fernan Ares tiña por mercede do monarca.
Gómez Rodríguez, Bacharel en Decretos, declara ter recibido do Concello 4.420 maravedís, suma total dos marcos que tiña por mercede do arcebispo, o seu salario de avogacía e polo traballo de recadación da renda durante  1419 e o desempeño da alcaldía.

Viinte e dous días do mes de fevereiro. Sabean todos que seendo o conçello, alcalles e regidores, jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario publico jurado da dita çidade por crida de anafil, segundo que han de uso e de costume, presentes ende Juan Fernandes Abril e Vaasco Peres Abril, alcalles enna dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoiro, Martin Galos, Gomes Rodriges, bachiller,Juan Ares da Cana, Afonso Fernandes Abril, Alvaro Afonso Juliate, jurados e regidores enna dita çidade, en presença de min o dito Rui Martines, notario e dos testemoyas adeante escriptos, enton o dito conçello, alcalles e regidores diseron que por quanto noso señor o arçobispo de Santiago avia dado Regimento de como se regese esta sua çidade e ontre as outras cousas contiudas enno dito Regimento e ordenança por el feita sobre la dita rason avia mandado que o dito concello, alcalles e jurados eligisen en cada ũu anno seis omes bõos veziños da dita çidade para que fosen con eles presentes por parte da comunidade ao repartir e derramar de algũas rendas e maravedis que se ouvesen de repartir enna dita çidade e ao tomar das contas que os procuradores do dito conçello; e outras quasquer personas ouvansen de dar ao dito conçello por ende que eles en conprindo o que por lo dito señor arçobispo fora mandado, que eligian e eligiron este dito anno a estas personas que aqui dira para que fosen presentes por parte da comunidade ao repartir e derramar dos ditos maravedis quando se ouvesen de repartir e derramar e ao tomar das ditas contas quando se ouvesen de dar; as quaes personas que para esto asi nomearon este dito anno son estas que se sigen: Pero Leal e Juan Dominges de Liñares e Alonso Rodriges, canbeador, Juan Fernandes, ferreiro, Juan de Vilaside //
(Fol. 72 vº)
Goncalvo Yanes do Escurelo, mercador; os quaes asi nomeados diseron que mandavan e mandaron aos sobreditos que viesen aos conçellos e consistorios quando e cada que se ouvesen de fazer e estar aos ditos repartimentos e tomar de contas este dito anno. Testemoyas que a esto foron presentes Fernan Nunes do Camino, Ares Chantreiro, canbeador e Alvaro Garcia o moço, mercador, e Vaasco Fernandes Troquo, vesiños da dita çidade.
Predito.- O dito conçello, alcalles e regidores susoditos, diseron que por ajudas e boas obras que reçeberan e avian reçebido de Diego Lopes de Toledo e entendian reçeber a adeante e porque os ajudase en rasson das tomas que noso señor o arçobispo fesera en esta sua çidade certos annos pasados que acordavan e acordaron de lle dar de ajuda este dito anno dous mill maravedis, branqua a tres dineiros, e que mandavan e mandaron a Garcia Rodriges, procurador do dito conçello que dos maravedis que recabdara de Afonso Dominges da Pena da renda da portajẽe que dese ao dito Diego Lopes mil maravedis da dita moeda e que mandavan a o dito Afonso Dominges que os mill maravedis que avian de pagar a o dito conçello da dita renda da portajẽe da paga que se fiinçera por lo postromeiro dia de mayo que os dese ao dito Diego Lopes e que mandavan que fosen recibidos en conta a os ditos Garcia Rodriges e Afonso Dominges os ditos dous mill maravedis que asi avian de pagar a o dito Diego Lopes segundo dito he.
Testemoyas que a esto foron presentes: Fernan Ares Xarpa, Goncalvo Abril, Vaasco Gomes de Marçoa, Juan de Cana, Juan Dominges de Liñares  e Garcia Rodriges, procuradores do dito conçello, Goncalvo Yanes do Canpo, Vaasco Troquo,  Rui Freire e Goncalvo Rodriges do Camino, Vaasco Fernandes de Piloño e Goncalvo de Covas e Juan de Vilazide, mercador e Diego Garcia d’Ansoe vesiños da dita çidade.
Predito.- O dito conçello alcalles e regidores susoditos mandaron a Garçia Rodriges e Juan Dominges de Liñares, procuradores do dito conçello que presentes estavan que de quaesquer maravedis que por lo dito conçello recabdavan o avian de recabdar este dito anno que desen ende a Fernan Ares Xarpa, vesiño da dita çidade os maravedis que lle eran devidos dos marquos que a noso señor el rey perteeçen en esta dita çidade, os quaes maravedis (o dito Ferna Ares ten en merçed do dito señor rey e os quaes) eran do anno pasado de mill e quatroçentos e des e nove annos e que tomasen del sua carta de pago e lles serian reçebidos en conta os ditos maravedis. Testemoyas, os sobreditos.
(Fol. 73)
Predito.- Sabean quantos esta carta viren como eu Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, jurado da çidade de Santiago, outorgo e conosco que reçebei de vos Garçia Rodriges, canbeador, procurador do conçello da dita çidade quatro mill e quatroçentos e viinte maravedis de moeda vella, contando branqua a tres dineiros, en esta guisa: os mill e noveçentos maravedis dos marquos de noso senor o arçobispo de Santiago, os quaes maravedis eu teño en merçed do dito señor arçobispo e os oytoçentos maravedis me eran devidos do meu selario da avocaçia que teño do dito conçello de dous annos pasados que se fiinçeron en este mes de fevereiro e os mill e quatroçentos e viinte maravedis me eran devidos por meu traballo de recabdar a renda que foi posta e derramada enna dita çidade e anno pasado de mill e quatroçentos e des e nove annos que eu fui alcalle enna dita çidade e os tresentos maravedis son por rason de meu ofiçio da dita alcaldia do dito anno e asi son conpridos os ditos quatro mill e quatroçentos e viinte maravedis da sobredita moeda e renunçio a toda exençon que non diga delo o contrario e aa ley do aver non dado e contado e pagado visto e recibido en presença do notario e testemoyas e aa ley que dis que se pode opoer esta exepçon e que se feso a confeson so asperança de paga e renunçio a ley que dis que as ditas exenções se poden opoer fasta certos tenpos e a outra qualquer ley e dereito e exençon que en contrario desto que dito he poderian diser ou alegar que o non diga nen alege por min nen por outro en juiso nen fora del, antes dou por quito e livre ao dito conçello e a vos o dito Garcia Rodriges en nome del dos sobreditos maravedis para senpre. E eu o dito Garcia Rodriges que presente sõo asi o reçebo. Testemoyas que desto foron presentes: Afonso Fernandes Abril e Fernand Ares Xarpa e Goncalvo Rodriges do Camiño, vesiños da dita çidade.

 

Materias

débeda; alcume; avogado; branca; cámara arcebispal; diñeiros; fisco; marabedí; mercé; nomeamento; ordenanza; pagamento; pedidos; portádego; recadador; rei; repartimento; tributo; xornal; xurisdición; notaría

Persoas

Afonso Domínguez da Pena, recadador; Afonso Fernández Abril; Afonso Fernández Abril, rexedor de Santiago de Compostela; Afonso Rodríguez, repartidor e cambiador; Álvaro Afonso Xuliate, rexedor de Santiago de Compostela; Álvaro García o mozo, mercador; Ares Chantreiro, cambiador; Diego García de Unzue; Diego López de Toledo; Fernando Ares Serpe; Fernando Eáns do Camiño; Fernando González do Preguntoiro, rexedor de Santiago de Compostela; García Rodríguez do Preguntoiro, cambiador e procurador do concello Santiago de Compostela; Gómez Rodríguez, bacharel en decretos e rexedor de Santiago de Compostela; Gonzalo Abril; Gonzalo de Covas; Gonzalo Eáns do Campo; Gonzalo Eáns do Escurelo, mercador e repartidor; Gonzalo Rodríguez do Camiño; Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela; Martiño Galos, rexedor de Santiago de Compostela; Pedro Leal, repartidor; Vasco Fernández de Piloño; Vasco Fernández Troco; Vasco Gómez de Marzoa; Vasco Pérez Abril, alcalde de Santiago de Compostela; Xoán Ares da Cana, rexedor de Santiago de Compostela; Xoán da Cana; Xoán de Vilacide, repartidor e mercador; Xoán Domínguez de Liñares, repartidor e procurador do concello Santiago de Compostela; Xoán Fernández Abril, alcalde de Santiago de Compostela; Xoán Fernández, ferreiro e repartidor; Roi Martínez de Carballido, notario público

Outros

Santiago de Compostela, concello

Lugares

Santiago de Compostela