GMH/ÍNDICE A-Z

0
1435, febreiro

(Aquí continúa a escritura 144 que comeza no f. 68)

f. 1

pura, justa et sãa doaçon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode e deve ser et de dereito mas vala entre bivos et todo jur, sennorio, posison, propiadade, vos, dereito et auçon que eu et o dito meu marido aviamos et a aver deviamos en esto que dito he, que vos bendo de min et del et de todas nosas voses o tiro et tollo et en vos o dito Pero da Rochela et ẽna dita bosa moller e vosas vozes o pono e traspaso et removo por esta presenta carta de benda, que vos ende delo dou et outorgo en lugar de sennorio et posison corporal. Et quero et outorgo que desde oje este dito dia endeante as posades entrar et resçebir et demandar et faser delos et en elas toda vosa libre voontade como de cousa propia, et prometo et outorgo de vos defender et anparar con esto que dito he, de todo enbargo para senpre, salvo dos ditos vynte et quatro mrs do dito cargo, por min et por todos beus bẽes asi movles como raises que vol a elo obligo e so pena do doblo da dita contia, que outorgo que vos peytemos por pena eu ou mĩas boses se o asi non tovermos, conpremos e contra elo viesemos et a pena pagada ou non, esto, como dito he, este senpre firme. Et eu o dito Pero da Arrochela, que soo presente, por min et por la dita mĩa moller et nosas voses, asi o resçebo, que foi feita et outorgado na dita villa de Pontebedra, ano, dias, mes sobreditos. Testemoyas que foron presentes: Juan Solla, Juan Bixas Franquino, Afonso de San Bertolameu, mareantes, besiños da dita villa de Pontebedra et outros.