GMH/ÍNDICE A-Z

22
1302, outubro, 2. Lugo
Xoán Rodríguez, racioneiro, afóralles a García Rodríguez e á súa muller e a unha voz o casal de Castro de Eirexalba pola metade da produción anual e 30 soldos de foro.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 50r.

Sepamquantos esta carta viren commo eu Iohan [Rodriguez], raçoeyro de Lugo, et teente as veçes d'arçediago na Somoça de Lemos por raçon da amistraçon do mes de março, con outorgamento do dayan et do cabiidoo de Lugo, avervo a vos Garcia Rodriguez de Iglesialva, et a vosa muler Dominga Martinez en toda vosa vida, et a huna pesoa qual nomeardes apus vosa morte, o casal chamado de Castro de Eglesialva, o qual casal he da amiistraçon do mes de março, que o lavredes et o paredes bem et façades as casas et chantedes as arvores et metades en este casal da vosa herdade un moyo sementadura, II quarteyros \a unna mao/ et duos a outra; et dardes cada anno a meatade do que Deus y der assy da nosa herdade commo da que vos avedes a meter; et XXX soldos de foros cada anno dos dineiros Alfonsines a o que tever a amiistraçon do mes de março. Et devedes a seer vassalos serventes et obedientes do que tever a amiistraçon et el ampararvos commo forem anparados os outros serviçaes de eglesia de Lugo; et a vossa morte de todos tres ficar o casal livre et quito a o que tever a amiistraçon do mes de março, et poblado de dous armentyos et de XII rexelos et d'una porca. Et que esto seia çerto et non venna en dulta douvos ende esta carta seelada con meu seelo con seelo do cabidoo.

Dada en Lugo, II dias andados d'outubro, era de mill et CCC et XL annos.