GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos Xoán García Manrique

12
1397, marzo, 28. Santiago

O arcebispo, o deán e o cabido dan posesión dunha “raçoaría” a Gonçalvo Montoiro.

Santiago, Arquivo da Catedral, Tombo H, folio 31v.

XXVIIJº días de março. Sábean todos <que> seendo o muyto honrrado padre e señor dom Johán Garçía Manrrique, porla graça de Deus arçibispo de Santiago, perpetuum admjnistrador da iglleia e o bispado de Tuj, chançeler mayor de noso señor el Rey, e Gonçaluo Sanches, dayán ẽna dita jglleia de Santiago, e o cabídoo da dita iglleia1, juntados ẽno thesouro da dita igleja por tanjemento de canpaa segundo que han de custume en presença de mjn, Afonso Eanes Jacob notario etcétera, e das testemoias etcétera. Entón o dito señor arçibispo, em huũ con o dito deán e cabídoo, fezo colaçón por seu barrete2 a Gonçaluo Montoiro, fillo de Gonçaluo Rodriges de Reyno, da rraçoaría que estaua vaca e vacou por renunçiaçón que dela3 dezían que era feita por Rodrigo Aras, cóengo de santa María d’Iria de Padrón, rraçoeiro que fora dela. Esto fuj ẽno dito lugar nos ditos día et ano. Testemoias: \Iohán Nunes d’Ysorna/, Iohán Afomso, garda do dito thesouro, e Gonçaluo Dominges e Fernán \de/ Uea, porteiros, e outros.

1 Riscado: seendo.
2 Barrete está sobreposto a unha palabra ilexible.
3 Riscado: fi.