GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos Xoán García Manrique

3
1396, xuño, 3. Santiago

O arcebispo de Santiago, don Johán Garçía Manrique, ordena que o cabido lle faga catro aniversarios pola súa alma, dous a conta das herdades que mercou de Sancha Fernandes e dous a conta da súa parte do portádego da cidade de Santiago, propiedades e dereitos que el cede ó cabido.

Santiago, Arquivo da Catedral, Tombo H, folio 24v-25r.

Citado por LÓPEZ FERREIRO, Antonio, Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, Santiago, reimpresión de 1983, tomo VI, p. 262-263.

Angrois. La compra de arriva fue a costa del Arçobispo Don Juan para tres anniverssarios.1

Aquí há de iaser a doaçón que feso o arçibispo ao cabídoo dos casares d’Angros e do Portalgo.2

Tres días do mes de juyo. Sábean todos que seendo o moyto honrrado e noble señor don Johán Garçía Manrrique, por la graça de Deus e da Santa Iglleia de Roma arçibispo de Santiago, e don Gonçalvo Sanches, dayán, e o cabídoo da iglleia de Santiago juntados en seu cabídoo ẽna claustra noua da dita igleja por canpãa tangida segundo que han de custume, e en presença de mjn Affonso Eanes Jacob, notario de Santiago, e das testemoias adeante scriptas. Entón o dito señor arçibispo diso que el ordenara çertos aniuersarios ẽna dita igleja para que se dissessen en cada hũu ano por súa alma, e que agora era súa merçed e voontade de asinar çertos bẽes e herdamentos aos ditos dayán e cabídoo para faseren os ditos aniuersarios. E por ende para se façeren os ditos aniuersarios que daua e asinaua e asinou logo ao dito cabídoo os casares e herdades d’Angrois da fregleia de Santa María de Sar e as casas que están ẽna Rúa do Vilar cabo das casas de Pay Peres Bugeyrete. Os quaes casares e casas o dito cabídoo, de mandado do dito señor arçibispo e de moravedís proprios do dito señor arçebispo conpraran de Sancha Fernandes, moller de Fernán Garçía de San Lourenço e filla de Vaasco Fernandes Montesino que foron. E os quaes conpra e contía dela o dito señor arçibispo pagou porlo dito cabídoo a dita Sancha Fernandes para esto expresamente. Jtem diso que por quanto el gaañara e acreçentara moyto para a mesa arçibispal, e speçialmente hũas contías de moravedís que ganara en merçed del rei don Iohán ẽna súa parte dos désemos para a súa mesa arçibispal para senpre, e outros moitos bẽes que el gaañara e acreçentara aa dita mesa arçibispal. Por ende el, considerada a pobresa do dito cabídoo e cóengos del, disoo que el porla mellor maneira e forma /25r que podía que tiraua e tirou de sy e da dita súa mesa e que daua e asinaua aos ditos dayán e cabídoo, para lle faseren os outros dous aniuersarios ẽna dita iglleia, a súa parte do Portalgo que el auĵa e lle perteesçía ẽna çidade de Santiago. E estes ditos quatro aniuersarios que os fesessen e dissesen os ditos dayán e cabídõo e seus subçessores ẽna dita igleja, segundo que os el, o dito señor arçibispo, ordenaran [sic] e mandara fazer. E logo os ditos dayán e cabídoo diseron que por sy e por seus subçesores que asý reçebían os ditos herdamentos e cassas e portalgo, e obligaron sy e os bẽes da mesa do dito cabídoo para d’oje este día endeante para senpre faseren e diseren os ditos aniuersarios segundo dito hé. Esto fuy ẽno dito cabídoo nos ditos día e ano. Testemoias que foron presentes: Gomes Peres Qeyjo, reposteiro, Gonçalvo Dominges e Fernán de Vea, porteiros do dito cabídõo, e outros.

Feito porlo cabídoo.


1 Marxe superior, letra do s. XIX.
2 Marxe esquerda, mesma letra que o documento.