GMH/ÍNDICE A-Z

125

marzo, 1

Afonso García solicita ao xuíz Afonso Anes que manteña preso a quen debe ese diñeiro ata que o pague, e o xuíz quérello entregar, negándose el. (fol. 39)

En este dito día e ora e por estas testemunyas o dito Afonso Garçia diso que pedía, frontava et requería ao dito Afonso Yanes juys que presente estava, que tevese preso e recadado ao dito (- - -) e o non dese solto nen fiado ata que el fose pago dos ditos mrs. contiundos enno dito recado, senon que protestava de os aver del e do que posera por juis e dos vesiños da dita çidade etç. e logo o dito Afonso Yanes diso que era verdade que o tiña preso et que era prestes dello entregar logo preso en cadea, senon que protestava de lle non seer tiundo etç. et logo o dito Afonso Garçia diso que non era tiundo de o reçeber, por quanto el era justiça avya de faser dereito etç. Tests. os sobre ditos. ( fol. 39)