GMH/ÍNDICE A-Z

200

abril, 19

Na igrexa de Santa María de Sobrado, xuíces e moradores dos coutos, posto que foran presos por impagos de pedidos e estaban prestos a pagar o que debían, solicitan ao provisor do bispo que faga pagar a cada couto o que lle corresponda, fixándose prazo ata fin de mes. (fols. 63v-64)

Martin Sanches abade, os moradores de Sobrado.

Et despois desto, domingo des e nove dias do mes de abril, a igleia de Santa Maria de Sobrado, presentes Martin Sanches abade da Triindade e provisor do bispo d’Ourense et Diego de Merii et Afonso Yanes de Ventrases et Joan Afonso de Prado, Afonso Fernandes juis de Sobrado et Joan de Seoane juis de Barbadaas e Pero Bibiaas e Gonçalvo da Fonte e Estevo Gonçalves e Afonso de Sorveira et Gonçalvo Seoane et Fernando Afonso e Joan Salvadores et Alvaro da Seara e Afonso de Belbis e Pero Domingues e Gonçalvo da Bacariça et Afonso de Noalla e parte dos moradores do dito couto, logo os ditos moradores tomaron testemunyo contra contra o dito señor abade, que por rason que enno ditos coutos do bispo eran devidos os mrs. dos pedidos do noso señor el rey, et elles foran presos por los ditos mrs. dos mrs. que eran devidos dos annos XXIX e de XXX e de XXXI e de XXXII annos et elles eran prestes de pagar a sua parte que lles cabya de pagar dos ditos mrs., por ende que lle requerian que fesese pagar a cada couto o que devía e elles que eran prestes de pagar a sua taixa, senon que protestavan etç. et logo o dito señor abade diso que elles que pagasen a sua taixa que lles ( fol. 63v)
cabya de pagar, a qual diso que lles mandavan que pagasen en fin deste mes de abril, et se a pagasen que el que os quitaria a paz et a salvo dos outros coutos, et que os pagaría senon os pagasen ao dito termino que mandava ao dito Diego de Meríí, meyriño, que os prendese e que llos levase todos presos os ditos moradores de Sobrado e de Ventrases e Barbadaas a seu poder ao Castello Ramyro ou a igleia d’Ourense et de mays que pagarian as custas et pennas etç. e os ditos moradores e labradores diseron que consentian. Tests. Alvaro Fernandes canonigo enna igleia d’Ourense, Meen Suares Galinato et Pero Yanes clerigo capelan de Santa Maria de Sobrado, Afonso Gilmes.