GMH/ÍNDICE A-Z

73
1310, marzo, 27
venda

Pedro Iáñez dito Santorum, mercador, en nome de Fernán Iáñez, abade de Celanova, véndelle ao mestre Xoán de Solbeira unha viña na Cuíña, foreira de quinta, por 700 mrs. portugueses.



ACOu, Escrituras XVI, 3

Enno nome de deos amen. Sabian quantos esta carta viren que eu Pero Yanes dito Santorum mercador de Ourense en nome de don Fernan Yanes abbade de Çellanova heree de Françisco Vaasques clerigo do choro d’Ourense que foy cuio procurador soon, vendo e firmemente outorgo para por senpre en nome do dito abbade e eno meu a vos meestre Johan de Sorveira coego d’Ourense e a toda vossa vos uuna leira de vina de foro de quinta, a qual esta eno lugar que chaman a Cuina, a qual vina iaç entre a vina de Aldonça Peres da uuna parte e da outra a vina de Pero Escudeiro e ençima entesta ena vina que ten o bispo, a qual he da capella de San Louter e en fondo vay firir ena vina da capella que ten Pero Vidal. Vendo a vos a dita vina de foro de quinta commo sobre dito he con entradas e con seidas e con todas suas perteeças e dereituras por preço çerto que ende a min destes, o qual a vos e a min aprouvo, conven a saber seteçentos mrs. de diñeiros portugueses de oyto en soldo cada mr., dos quaes mrs. me outorgo por ben pagado en presença deste notario e das tests. que en fondo son escriptas. Et renonçio a toda exçepçon de dereito que a min podia perteeçer do aver a min non dado nen contado. Et logo todo jur, dereito, senorio, posison, propiedade que eu ey ena dita vina en nome do dito abbade e eno meu todo o tollo de min e da vos do dito abbade e meto vos meestre Johan sobre dito e toda vossa vos en corporal posison della por esta presente carta que ende mando faser. Et obligo min e todos meus beens gaanados e por gaañar e os do dito Françisco Vaasques clerigo para vos anparar e vos defender con a dita vina a dereito en todo tenpo. Et a parte que contra vindiçon vier en parte ou en todo peite a outra parte de pena çen mrs. da boa moeda e a vos del rey outros çen mrs. e esta carta fique firme e estavil para por senpre. Feita a carta en Ourense, xxvii dias de março, era de mill ccc e xl e oyto annos. Tests. que presentes foron Pero Yanes clerigo do choro de Ourense, Pero Domingues mercador, Pero Yanes dito Laan, Afonso (Bosas) pixoteiro.

Et eu Domingo Yanes Cougill notario jurado por el rey en Ourense a esto rogado e chamado presente foy e escrivi e aqui poño meu nome e meu signal que tal he.

(sinal)