GMH/ÍNDICE A-Z

454
1390, agosto, 23

testamento

Testamento de Maior Pérez, cunha cláusula final en que se fai constar a protesta dos seus fillos, que se consideran perxudicados polas mandas en favor do segundo marido da testadora, polo que esta realiza unha corrección final en que lle deixa a este a lexítima quinta parte dos seus bens.

ACOu, Escrituras I, 42

Enno nome de deus amen. Sabean quantos esta carta de testamento viren que eu Mayor Peres moller de Estevoon Lourenço çidadaao d’Ourense moradores na rua d’Oobra, jasendo doente de tal doença qual deus tevo por ben de me dar et temendo deus et morte que he cousa natural per que todos os do mundo avemos de pasar et por tal que despois de miña morte non veña contenda entre alguuns sobre los meus beens, por ende faço e ordeno de min e deles meu testamento e miña postromeira voontade para senpre valedeiro. Primeiramente mando e dou a miña alma ao meu señor Jhesu Cristo deus padre verdadeiro que a conprou per lo seu santo sangue justo preçioso et rogo aa virgen señora santa Maria avogada dos pecadores et a todos los santos e santas da gloria do pareyso que seian meus avogados et lle queyran rogar por min que me perdoen os meus pecados e me ajan remiimento aa miña alma. Iten mando enterrar meu corpo na costra de San Martiño no moymento hu jasen Costança Fernandes miña madre et Thereyia Peres miña avoa. Iten mando para honra de miña sopoltura aquelas minsas e salterios e çera et oferta que meus herees et conpridores viren que conpre. Iten mando que me terçen tres veses enno anno que me fignar, huna ves do dia que me enterraren a terçer dia et a outra ves dende ata seis somanas et a outra do dia que me fignar ata huun anno conprido, et mando para cada terço seseenta mrs. de diñeiros brancos desta moeda que agora corre a des diñeiros brancos ou a seis coroados mor. para pan e viño et carne ou pescado per qual dia for, et que digan por miña alma en cada terço huna minsa cantada e quatro resadas. Iten mando ao cabidoo da egleia d’Ourense quareenta mrs. de cada huun anno para senpre en que digan por miña alma huna minsa cantada con suas vesperas sigundo he de costume enno primeiro dia de setenbre. Iten mando aos capelaens da cappela curada de Santa Oufemea huna leira de viña que jas no val da Looña, a qual jas daquel cabo ho rigueiro |o rigueiro| junto con a leira da Chave que topa en çima no carreiro per que van para Meende, per tal condiçon que os capelaens da dita capela que agora son e foren daqui endeante perlo tenpo digan ou façan diser por miña alma quatro minsas resadas por dia de Santa Oufemea ou en outro dia. Iten mando aas pesonas e coengos da egleia d’Ourense çinqoenta mrs. et que me façan honra en miña sopoltura et me manden tanjer os signos. Iten mando aos clerigos do coro d’Ourense viinte mrs. et que me digan huna minsa cantada con sua vigilia. Iten mando aos frayres do moesteiro de San Françisco d’Ourense çinqoenta mrs. et que me digan huna minsa cantada o dia que me fignar e me façan honra en miña sopoltura. Iten mando aos lazerados da casa de San Lasaro viinte mor. para huna pitança. Iten mando aos fraires da terçeira orden que estan na casa da Fonteyña des mor. Iten mando para o lumen das lanpaas de San Martiño e de Santa Oufemea e de Santa Maria a Madre e de Santa Maria Magdanela e de Santa Triindade e de Santa Maria de Posio e de San Françisco dous diñeiros para aseyte a cada huna. Iten mando que me oferenden do dia que me fignar ata huun anno de huun diñeiro de pan e de outro diñeiro de viño. Iten mando aos clerigos e moosiños que veeren sobre la cova e miña sopoltura quando me enterraren quinse mrs. Iten mando a Estevoon Lourenço meu marido que aja para si para todo senpre conpras algunas de casas e viñas et de outras cousas se as anbos conpramos vivendo de consuun. Iten mando ao dito Estevoon Lourenço meu marido ho meu moyño da Lagea que esta en Meende. Iten lle mando mays a casa a que chaman da Adega e o baçelar de a par dela que teemos aforado do moesteiro de Santa Coonba de Naves. Iten lle mando mays a partiçon das viñas que me acaesçeron aa Sovereira de Meende sigundo esta demarcada enna partiçon que foy feita entre min e Maria do Mato miña yrmaa. Iten lle mando mays ao dito Estevoon Lourenço a miña herdade de Canedo que jas no lugar hu chaman as Conpras, que de min ten aforada Gonçalvo de Naves e sua moller Maria Domingues. Iten mando mays ao dito Estevoon Lourenço meu marido viñas quantas seian cavadura de çinqoenta homes dentro no julgado da Looña de aquelas viñas que el e eu teemos aforadas do cardeal. Iten lle mando mays ao dito Estevoon Lourenço meu marido as cortinas de viñas que el et eu teemos aforadas aa par da costa, tan ben as que aforou do cabidoo commo a outra que eu teño aforada do bispo. Et estas cousas sobre ditas lle mando por boon marido que senpre en el tive et outrosi por moyto afan e traballo e custas que feso en seguyr o pleito de conpromiso que ouvo ontre min et Maria do Mato miña yrmaa et por desencarregar delo miña conçiençia e miña alma. Iten mando ao dito Estevoon Lourenço meu marydo estas casas anbas en que agora moramos, atanben as en que teemos os lagares e bestas e porcos commo as en que moramos, et viinte libras de cada anno que me deve Fernan Anes correjedor perla viña que de min ten aforada enna Cuyña. Et estas sobre ditas casas e viinte libras que as tena e aja en toda sua vida, et aa sua morte que fiquen livres e quites a meus fillos e herees. Et esto que mando ao dito Estevoon Lourenço meu marido deyto sobre beyçon a meus fillos e filla que lle non vaan contra esto que lle mando nen llo enbarguen, et en caso que llo algun ou alguna queyra enbargar ou pasar contra esto que lle eu mando en este meu testamento mandolle a quinta parte de todos los meus beens moviles e rayses hu quer que os eu aja. Iten mando a Mayor Peres miña prima quatro varas de panno que custe a viinte et çinqo mor. cada vara e que lle paguen o que lle deven. Iten mando a miña guirlanda grande a miña filla Maria Peres moller de Gonçalvo Vasques escudeiro juis d’Ourense e as miñas contas. Iten mando a Aldonça miña nepta, filla do dito Gonçalvo Vasques et da dita Maria Peres miña filla a miña guirlanda pequena. Et faço herees deste meu testamento e pustromeira voontade a Martin Peres Jestosa coengo d’Ourense e a Maria Peres moller do dito Gonçalvo Vasques et a frey Gonçalvo frayre do moesteiro de San Françisco d’Ourense meus fillos en todos los outros meus beens que aqui non ajo mandados. Aynda faço conpridores e exsecutores deste dito meu testamento e pustromeira voontade aos ditos meus fillos e filla que cunplan et façan conprir esto que eu mando. Et este dou e outorgo por meu testamento e por miña pustromeira voontade para senpre valedeiro, et se non valuer commo testamento quero et outorgo que valla commo codiçilo ou commo outra escriptura feita per maao de notario e autentica, qual mellor pode seer e mays valer de dereito, et revoco todos e quaes quer outros testamentos e mandas et codiçillos que aja feitos ata aqui et outorgo e ajo por firme e por estavel este meu testamento e pustromeira voontade para senpre valedeyro que agora faço e outorgo per Afonso Anes Guiça notario d’Ourense. Et quen quer da miña parte ou da estranya que contra este meu testamento e pustromeira voontade veer ou pasar aja a yra de deus e a miña maldiçon e perca alguna cousa se llo en este meu testamento ajo mandado et que o aian meus herees et demays que peyte de penna aos ditos meus herees mill mrs. da boa moeda et aa voz del rey outros tantos et a dita penna pagada ou non que este meu testamento e pustromeira voontade valla e fique firme para senpre. Feito o testamento en Ourense, viinte e tres dias dagosto, anno do nasçemento de noso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noventa annos.

Et logo os ditos Martin Peres Geestosa que presente estava por si et por frey Gonçalvo frayre do moesteiro sobre dito de San Françisco d’Ourense que non era presente et Gonçalvo Vasques por nomme de si et de sua moller Maria Peres que presente era, estes sobre ditos Martin Jestosa e frey Gonçalvo e Maria Peres fillos e herees legitemos da dita Mayor Peres e de Gonçalvo Peres da rua dos Çapateiros, enton diseron os ditos Martin Peres e Gonçalvo Vasques que non consentian nas mandas que a dita Mayor Peres mandava no dito testamento, por que desian que era grande seu perjuizo et que protestavan de as ditas mandas seer anuladas et dadas por ninhunas a todo tenpo. Et a dita Mayor Peres diso que pois os ditos Martin Peres e Maria Peres que presentes eran nen o dito Gonçalvo Vasques non querian consentir nas mandas que ela avia mandadas ao dito Estevoon Lourenço no dito seu testamento, que revocava as ditas mandas ao dito Estevoon Lourenço seu marido mandadas et que lle mandava ao dito Estevoon Lourenço a quinta parte de todos seus beens moviles e rayses sigundo que llos de dereito podia e devia mandar. Testemunyas que para esto espeçialmente chamadas e rogadas presentes foron Johan Ares escudeiro morador en Pennavegia, Gonçalvo Rodrigues da rua dos Çapateiros, Gomes Ares da Pixotaria, frey Johan de Vilarrovin e frey Afonso Bravo frayres do dito moesteiro de San Françisco e Afonso Fernandes capelan da egleia de Santa Maria a Madre e Johan Vidal morador na crus do Çente[o], moradores en Ourense e outros.

Et eu Afonso Anes Guiça notario publico d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar que a esto que sobre dito he con as ditas tests. presente foy, per outoridade de Estevoon Peres raçoeiro da igleia d’Ourense chançeller da dita igleia e çidade dese lugar et a rogo e pedimento da dita Moor Peres en mina presença fige escrivir et aqui en esta carta de testamento que dey ao dito Estevoon Lourenço meu nomme e meu signal fige en test. de verdade que he tal.

(sinal)

Materias

aceite; acólito; adega; alimentos; alpendre; aniversario; apeo; avó; avoa; bacelar; besta; bieito; bispo; branca; cabido; cabido; camiño; campá; canon foral; capela; capelán; cardeal; carne; casas; centeo; cera; chanceler; claustro; codicilo; cóengo; cóengo; comida; concello; confraría; convento; coro; coroado; corrixidor; crego; cruz; cumpridor; cuñado; curmá; demanda; doente; doente; escudeiro; esmola; esposa; esposo; fábrica; familia; fidalgo; filla; filla; fillo; frade; frade; franciscano; freire; fundación; gando; herdanza; horas; igrexa; irmá; irmán; lagar; lámpada; leira; leprosaría; leproso; linde; marabedí; marabedí; mesa bispal; mesa capitular; misa; mosteiro; mozo; muíño; muller; nai; neto; notario; notario apostólico; notario capitular; oratorio; orde de San Bieito; orde dos Irmáns Menores; Orde Terceira; pan; panos; partilla; peixe; pena; porco; preito; priorado; protesta; racioneiro; regato; rei; revogación; rúa; rúa; sepultura; sogra; sogro; testamenteiro; venda; viña; viño; xenealoxía; xenro; xoias; xuíz; xurisdición; zapateiro; testamento

Persoas

Afonso Bravo, franciscano; Afonso Eáns Guiza, notario; Afonso Fernández, capelán; Aldonza; Constanza Fernández; Estevo Lourenzo; Estevo Pérez, racioneiro de Ourense; Fernando Eáns, corrixidor; frei Gonzalo, franciscano; Gómez Ares da Pixotaría; Gonzalo de Naves; Gonzalo Rodríguez da rúa dos Zapateiros; Gonzalo Vázquez, escudeiro e xuíz de Ourense; Maior Pérez; María do Mato; María Domínguez; María Pérez; Martiño Pérez; Martiño Pérez de Xestosa, cóengo de Ourense; Tareixa Pérez; Xoán Ares, escudeiro; Xoán de Vilarrubín, franciscano; Xoán Vidal; Maior Pérez

Outros

Ourense, cabido; Ourense, concello; San Francisco de Ourense, convento; Santa Comba de Naves, priorado; Santísima Trindade de Ourense, abadía; Ourense, bispado

Lugares

Canedo; Casa da Adega; Chave, A; Conpras, As; Cuña, A; Lagea, muiño; Loña, rio; Mato, O; Mende; Ourense; Santa Comba de Naves. Antigo mosteiro; Sovereira de Mende; Vilarrubín