GMH/ÍNDICE A-Z

39

xaneiro, 17

Men Rodríguez de Paradela dimitiu o foro dun lugar na freguesía de San Xillao de Ribela que tiña aforado de Álvaro Ouxea, anulándose o contrato con consentimento de ambos. (fol. 12)

Anno sobre dito, en Ourense, des e sete dias do mes de janeiro, en Ourense enna Praça do Canpo, Meen Rodrigues de Paradella diso que demetia et demetio a Alvaro Ougea o lugar da Lagoa, que esta enna freigesía de San Gillaao de Ribella, que del tiña aforado, o qual dito lugar diso que dematia et leixava para sy e para todas suas voses e que lle pedía que o reçebese et logo o dito Alvaro Ougea diso que reçebya en sy o dito lugar para sy e para todas suas voses agora e para senpre etç. e que dava qual quer foro que o dito Meen Rodrigues tevese feito por nehuun etç. Tests. Joan do Bouteiro e Rodrigo e Ares Fernandes alfayate. ( fol. 12)