-30-
Arrẽdamento.
En San Tomé do Mar, VIIJº días do dito mes e ano4. Sueyro Gomes e súa moller, doña Juana4 / de Luna, cõ súa liçençia, outorgarõ que deujã a Pero Cruu4, juís de Põtevedra, çinco mjll morauidís / vellos que mõtou en çerta seda que del conprarõ; para a paga dos quaes lle derõ e outorgarõ / en rrẽta o seu logar de Ozo da Torre, ẽna aquela cõtía que Sueyro Gomes vyr que seja / bõo que se descõte en cada ano4, e que leue pã e vjno e frutos e rrentas do dito logar / fasta ser pago dos ditos V M morauidís; e que dándolle os ditos morauidís ao dja de Santa María de / agosto que seja tiúdo de os tomar e lle deixar seu logar desẽbargado; outorgarõ / carta firme, et çétera. Testigos: Gonçaluo Mariño e Ares de Leys4, escudeyros do dito señor Sueyro Gomes.
_______
4. Leva un trazo sobre a palabra.