Sabean todos que en presença
de min Fernan Gonçalves notario pubrico
da çidade d’Ourense porlo bispo e
porla igleia desse lugar e das tests. adeante
escriptas, estando enna dita çidade
d’Ourense, presentes y Domingo Anes
dito d’Aranga morador en Miava e Fernan
Rodrigues capelan da capela de Santa Ouffemea, o dito
Domingo Anes disso ao dito Fernan
Rodrigues que por razon que el tiiña
aforado da dita capela de Santa Ouffemea o casar de
Miava que he da dita capela con suas
herdades e casas e arvores e cortiñas segundo
que as el tiiña aforadas da dita capela, et por
que as ditas herdades pereçeran
e estavan ermas e danyficadas por sua culpa e
nygligençia, et outrosy por razon das
gerras que foron entre os reynos de Castela e de
Portugal, et por estas razoens e por cadauna delas que
non podera ata aqui lavrar nen parar ben
o dito lugar e herdades del segundo que
se obrigara, et por ende disso que obrigava todos seus beens
gaañados e por gaañar para chantar e
entrechantar as viñas do dito lugar e as
lavrar e parar ben con as outras herdades
do dito lugar daqui endeante em tal maneira
que no[n] defaleçesen por mingoa de lavor
e de boon paramento daqui ata quatro
annos primeiros que veen e des los ditos
quatro annos endeante, et pagar de cada anno
por dia de San Martiño de novenbro aa dita
capela quinse libras de diñeiros
brancos. Et non conprindo nen aguardando
esto que dito he o dito Domingo
Anes deu todo seu livre e conprido poder
ao dito Fernan Rodrigues que sen
pena alguna podesse tomar e entrar e reçeber o
dito lugar e herdades del para a dita
capela. Et o dito Domingo Anes disso que
para manteer e lavrar o dito lugar e pagar o dito
foro que obrigava todos seus beens gaañados
e por gaañar segundo (...) obrigados, et demais para
o asy conprir deu consigo fiadores a Martin
Anes seu yrmao morador en Mugares e Gonçalvo
Lourenço morador enna çidade d’Ourense
enna rua do Canpo. Et nos os ditos fiadores
que somos presentes asy outorgamos (...)
obrigamos a ela todos nosos beens gaañados e por
gaañar. Esto foy en Ourense, tres dias do
mes de janeiro do anno do naçemento do
noso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos
e oyteenta e nove annos. Tests. (...) de
Canposso e Pero Anes escripvan e Fernan
Pardin moradores en Ourense.
Et eu Fernan
Gonçalves notario sobre dito que
a esto presente foy e o escripvi e meu nome
e signal y puge que tal he.
(
sinal)
[
reverso] C
arta da casa de
Meava.