GMH/ÍNDICE A-Z

149
1315, agosto, 15. Lugo
O bispo de Lugo dóalle a don Afonso, fillo do infante don Xoán, o couto de Lugo e Pallares baixo determinadas condicións.
LUGO, AC, Tumbillo Nuevo, fol. 103r-104v.- Extr., Tumbo Nuevo, fol. 225v.- CAÑIZARES, pp. 963-964 con referencia ao lib. 10 de pergs., n.º 43.

Sepan quantos esta carta viren como nos don frey Johan pe-la gracia de Deus, bispo de Lugo, damos a vos don Afonso, fillo do muy noble ynfante don Johan, a nosa comenda de toda a nosa terra et da nosa yglesia, que chaman o couto de Lugo et de Pallares, et de todos llos outros nosos coutos e lugares pera quer que os aiamos, que a tenades de nos con estas condiçoes que aqui seran ditas. Conviene a saber que seiades vasallo de Santa Maria et de sua yglesia de Lugo, et que defendades et amparedes a nos et a nosa yglesia et a noso cabildoo et a dita comenda et todos llos que en ela moran,

et todas llas outras cousas que nos avemos et o noso cabildoo, o mellor e mais compridamente que vos podades, et que nos seiades amparo verdadeiro en todo et façades por nos sempre asi como amigo verdadeiro deve faser por seu amigo.

Outrosi que façades justiça et mandedes faser compridamente en aquellos que a mereçeren de seer feita.

Outrosi aquellos que por vos ouveren de recabdar os dereitos da comenda que os recade et leve segundo foy acustumado en tempo de don Aras que foy comendeiro da nosa yglesia et o noso juis mandar por dereito. Outrosi que vos fagades et prestedes en quanto o voso poder for en como nos coblemos a nosa villa de Lugo que he nosa et da nosa yglesia et que agora esta enalleada pel-lo ynfante don Felipe, et que os privilegios et cartas et sentenças et confirmaçoes que nos avemos dos reys onde vos viredes que nos seian sempre muy bien guardados en todo o voso tempo, et que fagades sobresto quanto poderedes faser. Outrosi que non ponades comendeiro nen comendeiros se non aquel ou aquelos que nos, o bispo sobredito, prouber et que seian sempre con noso consello e con noso outorgamento, et que seian vasallos vosos et nosos; et se aquel ou aquellos que andaren na dita comenda por vos et por nos non feseren justiça como o deven faser, ou non guardaren a terra asi como deven ou feseren alguna cousa na terra que non devan faser, que nos que o frontamos a el ou ellos, et se se non quisere castiguar que o enviemos desir a vos et enton que os possamos ende tirar et poer y outro ou outros que fagan justiça ata vosa vinda que seiades ena terra, et enton ordinaredes como por ben teveredes d'aquel ou d'aquellos que ponades y con noso consello et con noso outorgamento. Outrosi que non reçebades por vasallos nihunos d'aquellos clerigos et leyguos que moran ou moraren ena villa de Lugo ou ende vesinos foren o todo noso señorio, salvo se for por noso mandado e con noso otorgamento. Outrosi se acaesçer ue aiades a faser avinença con o ynfante don Felipe que a façades en tal maneira porque seamos antes entreguos ena nosa villa de Lugo et en todo señorio dela que nos o dito don Felipe ten forçadamente, et que nos faga emenda et corregemento dos outros maes que nos ten feitos. Otrosi que non conpledes nen gaanedes heredamentos nen casas nen cousa nihuna que pertenesça a os omes peiteiros e foreiros que moran ou moraren ena villa de Lugo, nen dos fidalgos labradores, nen d'outro ome nihun clerigo nen leiguo que eno noso señorio moran ou moraren d'aqui endeante, salvo se for por noso mandado et con noso outorgamento. Outrosi se ynfante, ou ricome, ou outro home poderoso, fezesen mal a nos, o bispo sobredito, ou a nosa yglesia et a noso cabildoo, ou enos nosos lugares por desamor ou por guerra que aia convosco don Afonso que vos que no-lo emendedes et fagades emendar compridamente ou nol-lo entreguedes do voso quanto dano et menoscabo por ende et por esta rason recebesemos.

Outrosi quando acaescer que venades a a nosa terra et a nosa yglesia et y tomaredes vianda, ou mandaredes tomar a os nosos vasallos, que lla paguedes et fagades pagar.

Outrosi que nihua cousa non tomedes do noso nen da nosa yglesia que contra nosa voontade seia.

Et eu, o sobredito don Afonso, outorgo estas cosas sobreditas et cada huna dellas, et prometo et juro a os santos avangeus, os quales tangi corporalmente, de comprir et guardar et teer en todo tempo todas estas cousas que sobreditas son et cada huna dellas.

Et desto nos, os sobreditos o bispo et don Afonso, mandamos ende faser duas cartas tal a huna como a outra escritas en pergameo de coiro, et seelladas con os nosos seellos pendente.

Testimoyas que presentes foron: Johan Alvares Osorio, Fernan Peres d'Andrade, Ruy Gonzales Grandio, Aras Peres de Ferreiros, cavalleyros; Vaasco Peres de Soutomayor; Vaasco Ferrandes de Parraga; Pero Aras, Johan Calvin, escudeiros, outros moytos.

Feita quinçe dias de agosto, era de mil et trezentos et cinquoenta et tres anos.