GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

115
1316, febreiro, 26
apelación

Roi Pérez, zapateiro, amosa ante o bispo Gonzalo un escrito de apelación presentado ao rei Afonso XI contra unha sentenza de Afonso Viviáez, xuíz do bispo, no preito con Xoán Fernández de Santiago sobre unha viña en Cima de Vila.



ACOu, Escrituras XII, 80

(ed. M. Castro / M. Martínez Sueiro, Colección de Documentos del Archivo de la Catedral de Orense, I, 261-262)

Sabeam quantos esta carta viren que en presença de min Domingo Eanes Cougill notario jurado enna çidade d’Ourense polo bispo e pola igleia da dita çidade e das testemoyas que en fin desta carta som escriptas, Ruy Peres çapateyro dese lugar, morador enna rua dos Çapateyros, mostrou e fes leer por min notario sobre dito ante o onrrado padre e señor dom Gonçalvo pola graça de deus bispo d’Ourense, hun escripto de apellaçon do qual o tenor atal he:

Por que o remedio da appellaçon he achado por aqueles que som agravados contra dereyto, por ende eu Ruy Peres çapateyro sintindome agravado por vos onrrado padre e señor dom Gonçalvo pola graça de deus bispo d’Ourense, que commo vos mandastedes a Affonso Viviaez por vosa carta de comisson que oysse hun preito que era entre min Ruy Peres da huna parte et Johan Fernandes de Santiago da outra sobre huna vina que he en Çima de Villa que ias entre lo camyno novo da huna parte e o seydo das casas de Johan Coenllo da outra, a qual me este Johan Fernandes demandava ende commo eu estevese en jur e en possisson da dita vina et fesese conprimento de dereito sobrella por ante aquel juyz que me destes, vos señor non seendo eu chamado nen oydo nen contumas nen convençudo en dereyto mandastes de feyto, commo de dereyto non podessedes, meter o dito Johan Fernandes meu aversario enna possisson da dita viña en meu perjuyzo e en meu agravamento, do qual mandamento sintindome de vos agravado appello en este escripto de vos e de voso mandamento para a merçee de noso señor el rey dom Affonso e poño min e todos meus beens e a dita viña e a posisson della so deffendemento do dito señor el rey dom Affonso. Et peço vos señor que me reçebades esta appellaçon e me poñades dia a que a siguya e peço os apostollos huna ves e duas e tres e con instançia as peço. A qual appellaçon leuda, noso señor o bispo disso que lle dava en ella lugar et assignoulle termio a que a seguyse ante noso señor el rey dom Affonso ou ante seus alcaydes para deste dia a seseenta dias primeiros que viiñan. Esto foy en Ourense, quinta feyra, viinte e seys dias de fevereiro, era de mill e tresentos e çinqoeenta e quatro annos. Tests. que presentes foron Johan Fernandes, Affonso Martines, Payo Ares coengos, Ares Eanes çidadao d’Ourense, Ares Eanes avogado, Pero de Beyro, Gonçalvo Peres clerigos do coro.

Et eu Domingo Eanes Cougill notario sobre dito que a esto presente foy e en miña presença o fiz escrivir e aqui puge meu nome e meu signal que tal he.

(sinal)

[reverso] Appelaçon entreposta por Ruy Fernandes çapate[i]ro ante o bispo don Gonçalvo sobre a viña de Cima de Vila.