12
1416, outubro, 23.
Contrato do Concello, co carniceiro Afonso da Cana, polo que este exercerá o posto de verdugo, por un salario anual de 300 maravedís, que se pagarán en tercios de 100.
O Concello ordena que se lle pague o salario ós serventes do mesmo.
O Concello ordena que se paguen ó bacharel Gómez Rodríguez, 400 maravedís que tiña de salario pola súa avogacía.
O Concello encarga a Gómez Rodríguez, bacharel, e a Pedro Yanes Abraldes, examinasen o custo que Juan Durán dicía que fixera o preito do Concello e Fernán García, alfaiate, sobre as rendas do Concello que dicía que non debía pagar, e que taxaran as custas segundo a eles pracese.
O Concello dispensa do pagamento da renda ó acibecheiro Alfonso de León, o Vello, ó que corresponden 20 mrs.
Viiente et tres dias do mes de oytubre. Sabean todos que eu Afonso da Cana, carneçeiro, morador enna çidade de Santiago de mĩa propia et livre voontade outorgo et connosco que faço aviinça con vosco Martin Serpe alcallde enna çidade de Santiago et con Martin Galos et Gomes Rodriges, jurados enna dita çidade et con o conçello da dita çidade que seedes juntados por crida de anafil enno sobrado da notaria de Roy Martines, notario, segundo que avedes de uso et de costume asi et tal maneira que eu des oje esto dia endeante en tenpo de mĩa vida use de ofiçio de servente enna dita çidade con os alcalldes que agora son et foren de aqui endeante da dita çidade, conven a saber: que eu por min ou por outro faça et cunpla o que mandaren as ditas justiças ennos homes et molleres que eles prenderen ou mandaren prender et foren presos et postos enna cadea do conçello desta dita çidade enforcando et açoutando ou degolando ou deçepando aquelas personas que foren sentençiadas enna dita cadea por los alcalldes que agora son et foren de aqui endeante ou por cada hũu deles et obligome de estar residente para usar do dito ofiçio et que me non encorra nen absente a outras partes nen me ponna en eglesia nen en moesteiro nen en outro lugar algũo coutado ou privilegiado nen en poder de cavaleiro nen escudeiro, dona nen donzela nen de outra persona algũa poderosa que me anparen et defendan que non use do dito ofiçio. Et se por la ventura me ausentar et fezer o contrario, oligome de susubir por meu corpo et bẽes aquela pena ou penas que a persona ou personas que eu avia de justiçar por mandado dos ditos alcalldes et meresçian aver et padesçer et non posa sobrelo nen sobre parte delo dizer nen alegar leis nen dereitos exepções nen defensões algũos, et posto que as diga ou alege quero et outorgo que me non sejan reçebidos nen seja sobrelo oydo por min nen por outro en juiso nen fora del et nos o dito conçello et alcallde et homes bõos jurados que presentes somos assi o reçebemos et prazennos, queremos et outorgamos que vos o dito Afonso da Cana ajades de nos o dito conçello en cada hũu anno por rason do dito ofiçio trezentos moravedis de moeda vella contando branqua en tres dineiros ou sua valor por eles et voso vestiario segundo que o han cada hũu dos outros serventes de nos o dito conçello, os quaes trezentos moravedis vos han de sẽer pagos por los terços de cada hũu anno et a paga deste primeiro anno vos ha de sẽer feita en esta maneira: os çen moravedis doje a triinta dias primeros segintes et os outros dozentos moravedis por terços deste dito anno et outrosi avedes de aver mays outro tal selario et rendas que cada hũu dos outros ofiçiaas han de aver por rason dos seus ofiçios et usar de enprazar et das outras cousas perteesçentes a o ofiçial et servente da dita çidade et devevos sẽer gardadas as libertades et privilegios que se acustumaron et acustuman gardar a os ofiçiaas et serventes de tal ofiçio. Et outrosi que ayades o ofiçio que agora ten de nos o dito conçello Domingo Longo finandose el ante que vos, pero condiçon que non leixedes nen vos escusedes nen posades escusar de usar do dito ofiçio de justiçar os malfeytores julgados segundo dito he. Et eu o dito Afonso de Cana asi o outorgo et reçebo. Et esto nos o dito conçello et eu o dito Afonso de Cana prometemos teer, conprir et agardar et non viinremos contra elo so obligaçon (...) de nos o dito conçello que para elo obligamos et so obligaçon dos bẽes moveles et rayzes (...) por aver de min o dito Afonso de Cana que esso mẽesmo para elo obligo et so pena de dous mill maravedis que page a parte de nos que o non conprir et agardar a a outra parte que o agardar et conprir por pena. Et a pena pagada ou non pagada todavia este instromento et as cousas en el cotiudas fiquen firmes et vallan segudo dito he. Testemoyas que foron presentes Martin Fagundez, Pero Yanes Abraldes, Alvaro Gil, Nuno Vinagre zibicheiro et Alvaro Garçia, vesiño da dita çidade.
Predito. O dito conçello mandou a Bernald Yanes et a Gil Peres, procuradores que presentes era que pagasen a os serventes do dito conçello os seus vestiarios et selarios que avian de aver por rason de seus ofiçios este dito anno et que pagasen a Golçanvo de Millares triinta et tres brancas que pagou (...) Fontoyras para os asentamentos da notaria. Testemoyas os sobreditos. //
(Fol. 6)
Predito. O dito conçello mandaron a os ditos procuradores que pagasen a Gomes Rodriges, bachiller, os quatroçentos moravedis, brancas en tres dineiros, que avia de aver por rason de seu selario de avocaçia deste dito anno. Testemoyas, os sobreditos.
Predito. O dito conçello mandou que Gomes Rodriges, bachiller et Pero Yanes Abraldes visen as custas que Juan Duran dezia que fezera enno pleito que ouvera por lo dito conçello con Fernan Garçia alfayate sobrerason da renda conçellavel que dezia que non devya pagar et que taixasen as ditas custas segundo deles ben visto fose. Testemoyas. Os sobreditos.
Predito. O dito conçello mandou a Gil Peres, procurador do dito conçello que non demandase a Afonso de Leon o vello, zivicheyro, os viinte moravedis da renda que agora recabdava et que los reçeberian en conta. Testemoyas, os sobreditos.