Álvaro Laso, escudeiro, e Gómez da Rigueira
comprométense a aceptar a sentencia que emitan dous homes bos sobre as
damnificacións habidas nunha viña que o segundo tiña aforada do
primeiro. (fols. 128v-129)
Alvaro Laso.
En este día Nuno Patiño notario se obrigou Alvaro Laso escudeiro por todo o que dous ommees boons determinasen ontre Gomes da Rigeira e el sobre hun dos ommees boons tomado por parte do dito Alvaro Laso et por parte do dito Gomes da Rigeira \ho outro/ et todo o que elles determinasen sobre rason da vina da Loona e das maas paranças dela, que o dito Gomes da Rigeira tina aforada do dito Alvaro Laso, que o dito Nuno Patiño que se obrigou por seus beens de o teer (fol. 128v)
todo asy e o conprir e de estar en elo et de lo pagar todo o que os ditos ommes boons sobre elo determinasen e de estar en elo etç. Contrauto forte e firme etç. Tests. Gonçalvo Nunes de Meende et Alvaro de Canba et Rodrigo Vasques.