GMH/ÍNDICE A-Z

H6
1435, decembro, 5
O notario Afonso Fernández e Xoán de Vilacide, en representación de Gonzalo Iáñez, veciño de Santiago, nomean «homes bos» para acadaren compromiso no preito que sostiñan por razón do pano que o dito Gonzalo Iáñez prestara ao primeiro. (fol. 3)

Afonso Fernandes contra Joan de Vylazide.

En este dia Afonso Fernandes, notario vesiño da dita çibdade, et Joan de Vylazide, vesiño de Santiago, por sy et en nomme de Gonçalvo Yanes de Santiago, outorgaron conpromiso ontre sy en esta gisa, por rason que ontre elles era pleyto e contenda e debate, segundo que o dito pleyto estava por min o dito notario sobre çerto panno que o dito Gonçalvo Yanes avya prestado ao dito Afonso Fernandes et de outras devedas que lle prestase e de outras quaes quer cousas porlo dito Afonso Fernandes a el demandadas, hun ao outro e outro a outro e de quaes quer pleytos e contendas que ontre elles fose ata este presente dia, por se quitar dos ditos pleytos et vyr a boa paz e concordia e amorio, poseron por seus omeens en esta gisa, o dito Afonso Fernandes notario Afonso Anriques et o dito Joan de Vylazide a Alvaro Peres de Santome por sy e por lo dito Gonçalvo Yanes, para que os ditos omes boons anbos a dous en huun acordo o libren como quiseren et por ben teveren ou como acharen por dereito, aviindo et conpoendo et que o libren en dia feria ou non feriado, partes presentes ou ausentes etç. e que o libren ata dia dentroydo primeiro sigente, et toda sentença que en elo deren que as ditas partes que esten en elo, sopenna de mill mrs. de boa moeda, para o qual o dito (Gonçalvo Yan)* Joan de Vylazide por sy et por lo dito Gonçalvo Yanes (sy)* obrigou seus bens e del e o dito Afonso Fernandes seus etç. et renunçiaron a todas las leys etç. et deron poder a qual quer justiça etç., conpromiso forte et firme etç. Tests. Nuno Gonçalves de Freixo, Gomes Yanes notarios et Afonso d’Orono e Afonso Barella. (fol. 3)