(ff. 24 v-25 v)
O postromeiro dia do dito mes de agosto. Sabean todos que eu, Elvyra Peres, moller que foy de Alvaro Cruu, jurado que foy da villa de Pontevedra, cuja alma Deus aja, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas vozes, aforo et dou en aforamento, desde oje este dia endeante para todo senpre, a vos Gonçalvo de Camões, mercador, visiño da dita villa que sodes presente, et a vosa moller Ynes Gomes et a todas vosas vozes et suas, toda a mina meatade da casa, disimo a Deus, con sua orta et eixido que esta ẽna Rua da Correaria da dita villa ẽna fiigresia de San Bertolameu, a qual meatade de casas se ten por cume da hũa parte con outra meatade das ditas casas que vos conprastes aos herdeiros de Juan Esteves, notario, que Deus perdone, et da outra parte se teen de longo por parde con outra casa que vos, o dito Gonçalvo de Camoes, conprastes a Gonçalvo de Ruival, pedreiro, que foy de Domingo Eanes, sangrador, et bay topar a dita orta et eixido das ditas casas aas casas et adegas do moesteiro de San Domingo da dita villa et vẽe seyr as ditas casas con portas et fiestras aa dita Rua // da Correaria, et a qual dita meatade de casas a min perteesçe por herança de Pero Feote et de Maria Alvela, sua moller, meus padre et madre, a que Deus de Santo paraiso, et aforovos por senpre, como dito he, a dita meatade de casas con seu tarreo en que estan et con sua pedra, tella, ferro, madeira et de ancho et de longo et de baixo et de alto et con seus pousos et jures, agoas vertentes et con sua orta et eixido et arvores dela et con todas suas entradas et saidas et perteensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deve de dereito para que reparedes a dita meatade de casas de pedra, tella, ferro, madeira, et a requirades de todos los outros adubeiros que ouver mester, en maneira que no caya nen desfalesca por mingoa de restauramento et adubeiro, et devedes, vos et a dita bosa moller et bosas voses, de dar a min et a mĩas vozes en cada un ano, por senpre, por renda, çenso, conosçemento da dita meatade de casas con sua orta, en salvo sen desconto algũu, oytenta maravedis de moeda vella, contando a branca en tres dineiros, os quaes me asi devedes pagar por cada dia de San Migell do mes de setenbre, et outrosi devedes de dar et pagar a Ynes Alvares, moller de Pero Ares de Aldãa, o trebuto et foro que ha ẽna dita meatade de casas, et avendo vos et a dita vosa moller ou vosas vozes, de vender ou sopenorar ou enallear ou trasmudar este dito foro et o feitio que feserdes ẽnas ditas casas, que o façades a min ou a mias vozes tanto por tanto, segundo que vos outro por elo de, querendo nos, et non o querendo que enton o façades a persona semitavell de vos, et eso mesmo avendo eu ou mĩas vozes de vender ou sopenoar ou enallear ou trasmudar a propiedade das ditas casas et trebuto et foro que me asi delas avedes de dar que o façamos a vos tanto por tanto segundo que nosoutro por elo de querendo vos, et por esto que dito he eu nen mĩas vozes non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento por mas nen por menos, nen por al tanto que nos outro por elo de, nen por oytra rason algũa, sobe lo qual eu por min et por mĩas vozes renunçio as leis do dereito do dolo, engano, medo, força, endusimento, et aas leis dos enperadores Veliano et Justiniano que fala en favor das molleres, et a todas las outras leis et dereitos canonicos et cevis que en contra desto sejan, et de que me eu ou mĩas vozes pudieramos (roto) para contra esto que dito ha viir que quero et outorgo que nos non valla //, nen sejamos sobre elo nen sobre parte delo oydos em juiso nen fora del, nos nen outro algũu en noso nome, ante prometo et outorgo de vos defender et anparar con este dito aforamento de todo enbargo por senpre, por min et por todos meus bẽes que vos a elo obligo et so pena de quatro mill maravedis de boa moeda que outorgo que vos peyteamos por pena, eu ou mĩas vozes se o asi non tovermos, conpriremos et contra el vieremos. Et eu o dito Gonçalvo de Camões, que soo presente et que fazo por min et por la dita mĩa moller et nosas vozes, asi resçebo et outorgo este dito aforamento segundo et por la via que se en el conten et prometo et outorgo que eu et a dita mĩa moller et nosas vozes, o tenamos, coprimos, pagemos todo asi aa boa fe de Deus et sen mao engano, et por nos et por todos nosos bẽes que a elo obligo, so a dita pena que outorgo que vos peitemos por pena se o asi non tevermos, conpriremos. Et a pena pagada ou non, esto como dito he este senpre firme, que foi outorgado na dita villa de Pontevedra ano, dias, mes sobreditos. Ts. que foron presentes: Fernando Afonso, mercador, morador en Lisboa, et Rui Gonçales de Covas, morador ẽna villa de Noia, Nuno do Bale, morador ẽna dita villa de Pontebedra, et Fernando Rodrigues, criado do dito Gonçalvo de Camoẽs, et outros. Feita.