GMH/ÍNDICE A-Z

32
1299, abril, 7 (San Pedro de Rocas)
foro

O mosteiro de San Pedro de Rocas afóralles a unha voz a Rodrigo Ares, cabaleiro de Aguiar, e á súa muller, Aldonza Rodríguez, un casal en San Miguel de Vilarchao e dúas leiras no lugar de San Xurxo, por terza e 25 soldos.

 

ACOu, Escrituras IV, 38

(ed. E. Duro Peña, El monasterio de San Pedro de Rocas y su colección documental, 166-167, doc. 47; M. B. Vaquero Díaz / F. J. Pérez Rodríguez, Colección documental del archivo de la Catedral de Ourense, II, 570-571, doc. 715)

 

Cunnuçuda cousa seya a quantos esta carta viren commo nos Lourenço Estevez prior do moesteyro de Sam Pero de Rocas e o convento dese mee(s)mo lugar damos a vos Rodrigo Ares cavaleyro d’Agiar e aa vosa moler Aldonça Rodriguez a post morte de Loure(n)ço Anes, o noso meo casar que avemos na firiguesia de Sam Migueel de Vilarchao no lugar que chaman o Campo, o qual de nos tem o dicto Lourenço Anes, a monte e a fonte e con todas suas perteeças, a tal preyto que o lavredes e paredes ben e nos dedes cadano por noso mordomo terça parte de pam e de leguma e de liño, e se fezerdes y vina que nos dedes terça de vino e por dereitura cada ano por Sam Martiño xxv soldos destes diñeiros que valen quatro diñeiros tres soldos ou a qontia deles e ainda vos damos duas leyras que som do noso lugar de Sam Yurgo de Moreyras, as quaes yazen doutra parte o rio de Esgos contra Pedrayo e topam anbas no rio sobredicto e a huna delas parte con o termio de Pedrayo e da outra parte topam en huna leyra que teem os filos de Martin Affonso e outra parte con esta leyra sobredicta dos filos de Martin Affonso e dautra parte entesta no termio do Parladoyro e vayse firir no togal do Pardelo. As sobredictas leyras vos damos a tal preyto que as lavredes que non desfalescam per lavor e nos dedes cada ano por noso moordomo terça do pam que deus y der ou de vino se o y fezerdes, e de post vossa morte dambos fique o dicto casar e as dictas leyras a huun voso filo que ambos ayades qual quiserdes pelo preyto sobre dicto e de post morte do filo fique todo en paz o moesteyro sobredicto. Quen contra esta carta pasar assy duna parte commo da octra pecte c mrs. e a carta seya en seu estado. Qui presentes fuerunt Martin Anes sub prior ts. Martin Fernandez ts. Pero Fernandez thesoureyro ts. e o convento todo presente e outorgante. Feyta a carta en era de mill e ccc xxx vii annos e quodum vii dias andados do mes dabril. Reynava en Leom e en Castella dom Fernando, bispo en Ourense dom Pero, tiiña Agiar Nuno Gonçalves.

Eu Thome Lopez notario do moesteyro que esta carta escrivi por mandado do prior e do convento e puge y meu sinal que est tal.

(sinal)