GMH/ÍNDICE A-Z

455
1391, febreiro, 26
foro

Pedro Domínguez afóralles a perpetuidade a Pedro Chacín e á súa muller, Tareixa Iáñez, unha casa en Seixalbo por 8 mrs.

ACOu, Clérigos do Coro, 96

Sabean quantos esta carta viren que eu Pero Domingues morador na aldea de Seyxalvo, dou e outorgo a foro a vos Pero Chaçin morador en Ourense na rua da Praça et a vosa moller Thereyia Anes que sodes presentes e a todas vosas voses para senpre huna casa tellada que eu teño na dita aldea de Seyxalvo, que demarca da huna parte con casas de Fernan Garçia do dito lugar et da outra con casa que eu dey a miña yrma Maria Anes, et está no curral hu está a figueyra. Aforovos a dita casa con suas entradas e saydas e con todos seus dereitos, jures e perteenças por tal condiçon que reparedes a dita casa de todo o que lle conprir commo non defalesca por mingoa de boon reparamento, et dedes de cadauun anno vos e vosas voses a min e a miñas voses de cadauun anno por dia de Santa Ouffemea oyto mor. de diñeiros brancos desta moeda que corre contados a des diñeiros ou seys coroados por mor. ou a estimaçon delles na moeda que correr, et livre e quite de todo outro enbargo + Et nos os ditos Pero Chaçin et Thereyia Anes que somos presentes por nos e por todas nosas voses assy reçebemos de vos o dito Pero Domingues a dita casa aforada porla maneira e condiçoens sobre ditas, et para reparar a dita casa do que lle conprir commo non defalesca et para dar e pagar a vos e a vosas voses os ditos oyto mor. en cada huun anno ao dito dia et conprir e agardar asa condiçoens desta carta e cadauna dellas obligamos a vos todos nosos beens gaanados e por gaañar. Et he posto entre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto pasar e non quiser conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de pena e de interese çen mor. da dita moeda, et a dita pena pagada ou non esta carta e aforamento et todo o que en ela he contiudo valla e fique senpre firme. Feita a carta en Ourense, viinte e seys dias de fevereiro, anno do naçemento de noso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e huun annos. Tests. que a esto presentes foron Johan Praser et Roy Fernandes moradores en Santa Mariña do Monte e outros + Et obligo todos meus beens gaañados e por gaañar para que vos e as ditas voses seiades defesos e anparados senpre a dereito con a dita casa que vos aforo commo sobre dito he. Et eu Affonso Anes notario publico d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar que a esto que sobre dito he con os ditos tests. presente foy e o escrivy e en esta carta que delo dey aos ditos Pero Chaçin e Tereyia Anes meu nome e signal fige en test. de verdade que he tal.

(sinal)

[reverso] Carta da cassa de Seyxalvo.